Arquivo | Anuncios RSS feed for this section

A Plataforma participará os vindeiros 4 e 5 de febreiro nas xornadas “Temos Alternativa”

30 Xan

MILLEIROS DE PERSOAS MANIFESTÁRONSE HOXE EN TODA GALIZA CONTRA O ESPOLIO EÓLICO DAS MONTAÑAS GALEGAS

11 Dec

Este domingo, 11 de decembro, o pobo galego volveuse mobilizar masivamente a prol das montañas e do rural galego e en contra da actual invasión eólica que ameaza o noso territorio. Máis de 3000 persoas, segundo datos recollidos ata o momento, participaron nas 19 mobilizacións convocadas en diferentes localidades galegas pola coordinadora “Eólica Así Non”, con motivo do Día mundial das Montañas e co gallo de reivindicar diante das administracións públicas a preservación destes ecosistemas fundamentais para a vida fronte ao actual espolio eólico,

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro, acudío a Moaña coas compañeiras e compañeiros de Eólicos no Morrado NON !!! para reivindicar a preservación medioambiental ante a barbarie eólica que estamos a sofrer.

O clamor popular aumenta ano tras ano. A xordeira da Xunta tamén.

6 Xuñ

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro agradece ás persoas que asistiron onte a manifestación en Compostela co gaio do Día do Medioambiente, en especial aos amigos/as, veciños/veciñas que estiveron ao pé da nosa pancarta. As montañas de todo o país precisan de nós!

Domingo 5 de xuño na Alameda de Santiago ás 12:00 h. Manifestación “Temos alternativa”

1 Xuñ

Seguir lendo

Nota de prensa: A minaría de terras raras na serra do Galiñeiro

27 Mai

Gondomar, 27 de maio do 2022

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro, xunto coa Coordinadora “Eólica, Así Non e os restantes 184 colectivos que a conforman, convoca á manifestación do Día dia do Medio Ambiente.

Este ano a idea reivindicativa é referida á ENERXÍA, en clara defensa de todas as montañas galegas ante os proxectos eólicos. Pero desgraciadamente hai outras problemáticas que sobrevoan os nosos montes: a minaría é outra vaga que percorre todo o territorio. Nas últimas semanas en diversos medios de comunicación estamos nós de actualidade, buscan en Galiñeiro Terras Raras. Pero en toda Galicia pescudan outros minerais…. Intentan apañalos a calquera prezo, a calquera prezo do que os insumos negativos recaian no pobo e na natureza!!!

Fuente: Peggy Greb (Wikimedia)
Seguir lendo

Domingo 5 de xuño na Alameda de Santiago ás 12:00 h. Manifestación “Temos alternativa”

25 Mai

GRAN MARCHA NO DÍA DO MEDIO AMBIENTE 2022

TEMOS ALTERNATIVA!

ENERXÍA XUSTA E SUSTENTÁBEL

ENERXÍA POR E PARA O POBO

A transición ecolóxica e a descarbonización da economía, necesariamente implica o abandono dos combustíbeis fósiles e o fomento doutras formas de enerxía renovábel, pero significa tamén rachar co modelo tradicional de produción e consumo de enerxía. O modelo de transición que se está a impoñer polos gobernos da Xunta e do Estado español non responde aos principios dunha transición ecolóxica xusta, nin arranxa os defectos estruturais do actual sistema enerxético. Séguese apostando pola destrución do territorio, polo espolio de recursos naturais, pola perda de biodiversidade, pola produción intensiva e centralizada da enerxía, por consumidores pasivos e cautivos, por manter os privilexios do  lobby enerxético e por primar o interese privado sobre o público. As grandes corporacións empresariais son as que planifican, valéndose de inxentes recursos públicos, e os gobernos limítanse a executar unha transición enerxética cada vez máis inxusta social e territorialmente. O actual modelo de implantación de enerxías renovábeis na Galiza tampouco contribúe a superar o reto climático, pois destrúe hábitats e recursos que son esenciais para a preservación da vida humana no planeta. Este modelo, sustentado nos piares da lóxica do crecemento capitalista, incluso pretende outorgar o cuño verde ao gas fósil e á enerxía nuclear.

Seguir lendo

Mércores 23 de marzo ás 12:00 h. Eólica así non: Convocatoria de prensa

22 Mar

ASUNTO: Concentración reivindicativa “Non imos calar!” pola defensa do dereito de acceso á información e participación pública nos procedementos relacionados coa actual vaga eólica.

CONVOCA: Coordinadora EÓLICA ASÍ NON.

LUGAR: Diante do Parlamento de Galicia e da Valedora do Pobo, en Santiago de Compostela.

DÍA E HORA: mércores, 23 de marzo, ás 12:00 horas.

Compostela, 22 de marzo de 2022.- A Coordinadora “Eólica así non” convoca aos medios de prensa á concentración que terá lugar mañá mércores, 23 de marzo, ás 12 horasdiante do Parlamento Galego e da Valedora do Pobo, para denunciar o recurte de dereitos democráticos da cidadanía durante a actual vaga eólica e esixir ao presidente da Xunta a derrogación das “leis de depredación”, entre outras medidas.

Agardando que sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo,

COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON

Na defensa das montañas fronte a invasión eólica. Coordinadora Galega Eólica Así Non.

10 Feb

#EólicaAsíNon

Recheo na canteira de Penide

17 Xan

Unha afección máis á serra de Galiñeiro, esta vez en Prado, Morgadáns. En realidade víase vir; trátase do recheo da canteira de Penide, unha canteira (como tantas) problématica dende o principio. Cando a estaban explotando soamente tiña permiso de investigación, supoñemos que cando acadou o permiso de explotación xa estaba o material esgotado, e cando iso ocorreu esperouse uns dez anos a restaurala. Como sempre a restauración coíncide coas obras de desterro das zonas limítrofes: polígono do Porto do Molle, obras en Vigo etc etc.

Canteira de Penide
Seguir lendo

Cientos de personas rechazan los eólicos desde Gondomar

14 Dec
Los 300 asistentes completaron un recorrido circular de 7,5 kilómetros por el monte y más de 2 horas de duración.
Los 300 asistentes completaron un recorrido circular de 7,5 kilómetros por el monte y más de 2 horas de duración.

PABLO FERNÁNDEZ 11/DIC./21

Desde la coordinadora “Eólicos, así non” advierten de que el Plan Estratégico que rige los parques desde 1997 “está obsoleto y permite una pandemia eólica”

Más de trescientas personas no quisieron perderse la ruta circular convocada por la coordinadora “Eólica, así non” y que partió poco más tarde de las 12 horas de ayer sábado desde el alto de San Antoniño, en la parroquia gondomareña de Couso, y con la que solicitan a la Xunta una moratoria real y efectiva en la tramitación de los más de 300 proyectos de construcción de parques eólicos dispuestos a lo largo y ancho del territorio gallego. 

Seguir lendo