Arquivo | Xuño, 2011

3-7-11: Testing de Biodiversidade na Serra do Galiñeiro

29 Xuñ

O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro” segue realizando actividades, desta volta colaborando con Biodiversidad Virtual e o biólogo Xosé López Goldar na realización dun Testing Fotográfico de Biodiversidade que terá lugar o vindeiro día 3-7-11 pola parte máis septentrional da Serra do Galiñeiro e que comezará a partires das 14 h no merendeiro de Vincios. Para participar na actividade é imprescindible a inscripción previa escribindo un correo a testingfg@gmail.com 

Un Testing é un evento que congrega a un grupo de persoas que participan na actividade cun obxectivo común: rexistrar fotograficamente os elementos dun lugar, neste caso a Serra do Galiñeiro. Poden ser plantas, animais, rochas, minerais, elementos patrimoniais, paisaxes,… 

As fotografías que se sacan súbense ás galerías correspondentes dunha páxina web, nesta ocasión á de Biodiversidad Virtual (www.biodiversidadvirtual.org) para que un grupo de expertos identifique as especies, minerais,… fotografados e así poder realizar un inventario aproximado dos valores que alberga o espazo onde se desenvolveu o Testing. Para poder subir as fotos que cada persoa realice cómpre rexistrarse na citada páxina como usuario e subir as fotografías dun modo sinxelo. 

A actividade conta cunhas normas básicas como evitar molestar ás especies que se fotografen aínda que non saquemos así unha foto tan boa ou recoller os desperdicios que se xeneren.

O roteiro que se efectuará para poder levar a cabo o Testing é de dificultade media e cómpre levar comida, protección solar, calzado e roupa axeitados, e cámara de fotos dixital se se dispón dela. É unha actividade aberta e gratuita para todas e todos e aconséllase o uso do transporte público colectivo para acceder á Serra e así non contribuír ó avanzo da mudanza climática.

Para máis información: Xosé (666 380 926)

testing 03-07-2011

Xuntanza de escaladores de maio

19 Xuñ

Xuntanza de escaladores

A xuntanza de escaladores do pasado mes de Maio foi todo un éxito, tanto de participacuión coma de público. Centos de escaladores de toda Galicia , norte de Castela e Portugal disfrutaron dunha xornada deportiva e de reinvindicación pola defensa do Galiñeiro.

Tanto os maiores coma os máis novos poderon disfrutar das enormes posibilidades que ten as diferentes rochas do Galiñeiro onde a escalada deportiva tanto con corda coma boulder teñen un dos mellores referentes do nordés da península ibérica. Pola tarde realizouse un percorrido polos cumios, onde se tocaron aspectos tan diverson coma a xeomorfoloxía , botánica, fauna e lendas, non só da serra se non dos vales e montes de arredor.

A xuntanza rematou cunha cea de confraternidade e unha festa ata ben entrada a noite.

Seguir lendo