Arquivo | Maio, 2022

Nota de prensa: A minaría de terras raras na serra do Galiñeiro

27 Mai

Gondomar, 27 de maio do 2022

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro, xunto coa Coordinadora “Eólica, Así Non e os restantes 184 colectivos que a conforman, convoca á manifestación do Día dia do Medio Ambiente.

Este ano a idea reivindicativa é referida á ENERXÍA, en clara defensa de todas as montañas galegas ante os proxectos eólicos. Pero desgraciadamente hai outras problemáticas que sobrevoan os nosos montes: a minaría é outra vaga que percorre todo o territorio. Nas últimas semanas en diversos medios de comunicación estamos nós de actualidade, buscan en Galiñeiro Terras Raras. Pero en toda Galicia pescudan outros minerais…. Intentan apañalos a calquera prezo, a calquera prezo do que os insumos negativos recaian no pobo e na natureza!!!

Fuente: Peggy Greb (Wikimedia)
Seguir lendo

Domingo 5 de xuño na Alameda de Santiago ás 12:00 h. Manifestación “Temos alternativa”

25 Mai

GRAN MARCHA NO DÍA DO MEDIO AMBIENTE 2022

TEMOS ALTERNATIVA!

ENERXÍA XUSTA E SUSTENTÁBEL

ENERXÍA POR E PARA O POBO

A transición ecolóxica e a descarbonización da economía, necesariamente implica o abandono dos combustíbeis fósiles e o fomento doutras formas de enerxía renovábel, pero significa tamén rachar co modelo tradicional de produción e consumo de enerxía. O modelo de transición que se está a impoñer polos gobernos da Xunta e do Estado español non responde aos principios dunha transición ecolóxica xusta, nin arranxa os defectos estruturais do actual sistema enerxético. Séguese apostando pola destrución do territorio, polo espolio de recursos naturais, pola perda de biodiversidade, pola produción intensiva e centralizada da enerxía, por consumidores pasivos e cautivos, por manter os privilexios do  lobby enerxético e por primar o interese privado sobre o público. As grandes corporacións empresariais son as que planifican, valéndose de inxentes recursos públicos, e os gobernos limítanse a executar unha transición enerxética cada vez máis inxusta social e territorialmente. O actual modelo de implantación de enerxías renovábeis na Galiza tampouco contribúe a superar o reto climático, pois destrúe hábitats e recursos que son esenciais para a preservación da vida humana no planeta. Este modelo, sustentado nos piares da lóxica do crecemento capitalista, incluso pretende outorgar o cuño verde ao gas fósil e á enerxía nuclear.

Seguir lendo