Arquivo | Setembro, 2011

A Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro, vendeu 7 colografías feitas por Poldras.

29 Set

A colografía é unha técnica de impresión en relieve que consiste na incorporación de elementos texturados que se adhiren a matriz, superficie sobre a que se realiza o grabado e que permite a súa impresión. para a obtención da imaxe. Ista pode ser unha prancha de metal, un trozo de madeira, etc. , antes de entintar. Unha vez entintada a matriz, a impresión realízase do modo habitual da impresión en relieve, xeralmente exercendo presión mecánica coa prensa ou en forma manual.

Xosé Poldras, donou a nosa plataforma 7 colografías numeradas da Serra do Galiñeiro, que puxemos a venta a un prezo de 50 euros e que xa están vendidas. Queremos agradecer ao autor a súa donación.

Moitas grazas Xosé.

II ANDAINA: Domingo 18 de setembro do 2011

21 Set

O pasado domingo, foi unha xornada de disfrute do Galiñeiro dos múltiples xeitos en que se pode facer, e ao mesmo tempo de reivindicación da súa protección. Así o demostrou o elevado número de persoas que asistiron pese a que por ser un percorrido lineal facía complicada a organización tanto para os membros da plataforma como para as persoas que de xeito particular se quixeron desprazar.

A asistencia según a policía municipal foi de 2.100 persoas. Os andantes que fixeron o percorrido completo foron menos, xa que moitos se desprazaron dende Prado (Morgadáns), outros fixeron o camiño de ida e volta, outros desprazáronse en bicicleta polas pistas. Familias con nenos pequenos e persoas maiores achegáronse ou ben a saída ou ben á zona onde rematou a andaina.

Un grupo de ciclistas federados fixo tamén o percorrido no seu vehículo, o que lle deu máis variedade a andaina. 

A saída foi ás 11 da mañán do Monte Aloia e a chegada aproximadamente ás 13.30 h ao Galiñeiro de Vincios, se ven uns camiñantes xa chegaron ás 13 horas e outros arredor das 2 da tarde.

Ao mediodía o parque forestal de Vincicos, a panasqueira que tantas veces acolle os domingos de descanso dos veciños, estaba a rebordar de xente arredor das súas propias viandas. Non obstantes as existencias de polbo e bocadillos de que dispoñían os postos alí ubicados, esgotáronse.  Seguir lendo