
ASUNTO: Concentración reivindicativa “Non imos calar!” pola defensa do dereito de acceso á información e participación pública nos procedementos relacionados coa actual vaga eólica.
CONVOCA: Coordinadora EÓLICA ASÍ NON.
LUGAR: Diante do Parlamento de Galicia e da Valedora do Pobo, en Santiago de Compostela.
DÍA E HORA: mércores, 23 de marzo, ás 12:00 horas.
Compostela, 22 de marzo de 2022.- A Coordinadora “Eólica así non” convoca aos medios de prensa á concentración que terá lugar mañá mércores, 23 de marzo, ás 12 horas, diante do Parlamento Galego e da Valedora do Pobo, para denunciar o recurte de dereitos democráticos da cidadanía durante a actual vaga eólica e esixir ao presidente da Xunta a derrogación das “leis de depredación”, entre outras medidas.
Agardando que sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo,
COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON