Arquivo | Maio, 2011

X EDICIÓN DA “FESTA DA PREHISTORIA”

24 Mai

cartaz-xornadas-400.jpg

Ata este ano, as actividades didácticas e divulgativas relacionadas coa Prehistoria celebrábanse nos días previos á festa pero este ano os organizadores decidiron adiantalas e celebraranse os días 28 e 29 de maio. A Asociación Cultural Festa da Prehistoria plantexa para o décimo aniversario dúas “XORNADAS CONTRA A DESTRUCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO”, despois de integrarse na “Plataforma pola defensa do Galiñeiro”, formada por 30 colectivos que tratan de impedir a instalación dun parque eólico nesta serra que tamén abrangue o extremo sur do concello de Mos.Na PRIMEIRA XORNADA (sábado 28 de maio, ás 18:00 h, no auditorio do pazo de Mos) terá lugar unha conferencia na que se abordará este problema en dúas partes:

Seguir lendo

Xuntanza de escaladores/as – 14 de maio de 2011

13 Mai

Este próximo sábado 14 de maio, terán lugar as actividades que por motivos meteorolóxicos non poideron realizarse o sábado pasado.

Vos esperamos no Galiñeiro.

 


cartaz-xuntanza-600.jpg

O Galiñeiro en Santiago

10 Mai

A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro, participou o pasado domingo 8 de maio, na manifestación organizada por “Galiza non se vende” en Santiago de Compostela baixo o lema “Contra o saqueo socioambiental da nosa terra”.

Manifestación Galiza non se vende. 8 de maio 2011

Manifestación Galiza non se vende. 8 de maio 2011

 

A Plataforma na carreira de orientación do 7 de maio

10 Mai

A Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro, estivo presente na carreira de orientación que se celebrou o pasado día 7 de maio. Podedes ver as bonitas camisetas da plataforma que se venderon no acto.

Carreira de orientación. 7 de maio 2011

 E tamén a pancarta:

Carreira de orientación 7 de maio 2011

A entrega de premios:

Entraga de premios carreira de orientación