Arquivo | Xuño, 2015

Domingo 4 de outubro: VI andaina pola protección da serra do Galiñeiro

17 Xuñ

Querid@s participantes e seguidor@s da Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro,

IMG_6791

As organizacións e persoas que formamos parte da Plataforma, para este ano 2015, tomamos a decisión de facer a nosa VI Andaina no periodo outonal, porque no periodo primaveral consideramos un perigo para os ecosistemas en plena floración a presencia masiva de participantes coincidindo no mesmo espazo e momento, e tampouco queremos limitar a participación na loita pola Protección da Serra do Galiñeiro.

Comunicarvos que estamos a organizala para o domingo 4 de outubro, por considerar que a comezos do outono é menos lesivo o noso impacto nese entorno, que tanto queremos e que desexamos que as nosas netas e netos o poidan disfrutar do mesmo xeito que nós facemos.

Agradecemos infinitamente a vosa solidariedade e comprensión nesta nosa, vosa, loita.

Así que xa sabedes, apuntade nas vosas axendas:

Domingo 4 de outubro: VI andaina pola protección da serra do Galiñeiro !!!