Arquivo | Actividades RSS feed for this section

Manifesto da VII ANDAINA pola Protección da Serra do Galiñeiro

25 Out

21 de Outubro de 2018
Sechu López

“Non se sabe o que temos ata que se perde”. A Serra do Galiñeiro sempre estivo aí, dende moito antes de nacer o primeiro galego, pero cada xeración debe esforzarse por protexela, pois acumula un gran valor; non debemos estar inactivos ante ameazas que a poden estragar, como a instalación de modernos muíños de vento ou a apertura de minas a ceo aberto ou por calquera outra explotación agresiva, que ademais suporían novas pistas e máis movementos de terra; entón levaríamos as mans á cabeza ante a tremenda desfeita, pero xa demasiado tarde para reaccionar, o dano sería irreversible.

Dende hai anos a biodiversidade deste importante paraxe montañoso granítico, gran referente paisaxístico paralelo á Ría de Vigo, situado na área de maior densidade de poboación de Galicia, ven soportando a grave e continua ameaza dos seus valores naturais, culturais e sociais, e mesmo económicos sostibles, polo que existe unha continua demanda social que reclama dende hai décadas a súa protección legal para mantelo a salvo de explotacións incompatibles coa conservación deses valores e facilitar un modelo de desenvolvemento sostible das numerosas e variadas actividades posibles (deportivas, recreativas, forestais, gandeiras, culturais, educación ambiental, turísticas…), pedindo a inclusión na Rede Natura 2000 e a declaración de Parque Natural.


Os veciños da Serra, habitantes de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, poden gozar facilmente da súa singularidade e simbolismo, polo que son eles os máis interesados na súa protección e desenvolvemento, pero calquera persoa que a coñeza, sexa veciño ou non, estará de acordo en que os seus valores merecen ser preservados.

Seguir lendo

A Plataforma ofrece asesoramento ás CCMM para a restauración do monte

2 Nov

Dende a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro queremos ofertar ás comunidades de montes situadas neste enclave natural e que sufriran os lumes de comezos do mes de outubro a posibilidade de seren asesoradas gratuitamente por un equipo de biólogos e persoal técnico con formación en restauración de ecosistemas de cara a pór en marcha as medidas de restauración convintes nos terreos que foran afectados polo lume.

Que facer logo dos incendios?

Grazas pola andaina !!!

18 Abr

Amigas e amigos de Galiñeiro: grazas pola vosa participación!!!!

 IMG-20160417-WA0017

Un ano máis demostramos que Galiñeiro nos importa. A pesares da climatoloxía alí estabamos, aproveitando o avelo que o tempo nos deu para percorrer a serra por outro roteiro, para seguir demandando protección para ela, para disfrutala, para compartila.

Esta vez foi a vertente oeste, foi a parte sur, foi Prado, Vincios, Vilas… foi a mina abandonada, foron as pistas, foron os antigos camiños en desuso, foi a chan de mámoas, foi o alto dos Penidos… e seguimos a ser moitos /as, máis de medio milleiro, os/as que entre a chuvia do sábado e os batagóns da vindeira semana saímos a pedir un parque natural para a serra de Galiñeiro.

Grazas as/aos participantes, á comisión de festas de Prado, ao polveiro e á rosquilleira que nos diron de comer, aos gaiteiros “Balcón do Val Miñor” de Morgadáns que nos abriu a Andaina con alegría, a Benito que puxo o son, a Manolo Pipas que nos leu os seus poemas, á Bagunda que nos amenizou, e a Fran Alonso que fixo este estupendo manifesto que vos achegamos.

Grazas

Manifesto lido por Fran Alonso ao remate da VI Andaina

Poesías de Manolo Pipas dedicadas á serra do Galiñeiro

Imaxe

Mapa do percorrido da VI andaina pola protección da serra do Galiñeiro

7 Abr

VI Andaina_R1_res web-2

Domingo 17 de abril: VI andaina pola protección da serra do Galiñeiro

19 Mar

Estimados/as seguidoras e seguidores da Plataforma: aquí estamos un ano máis!!!

O domingo 17 de abril temos unha cita con vós. Adxuntamos o cartaz.

Facemos un chamamento a todas as persoas que sintan o Galiñeiro como seu para que colaboren con esta Plataforma. Este chamamento é extensible a todas as organizacións, asociacións e entidades de toda a redonda a participar na medida das súas posibilidades, e no xeito que eles e elas estimen, a traballar con nós na protección desta serra.

O ROTEIRO comezará en S. Xosé de Prado as 10:30h, atravesa a Chan das Moutas e sobe aos Altos da Paxariña, continúa pola ladeira da Lomba da Zorra ata o petróglifo de Agua da Laxe en Vincios. Volve polos montes de Vilas ata rematar en S. Xosé de Prado.

CHEGADA: Ao mesmo punto ás 15:00H. Aprox.

Lonxitude aproximada 12 km (4:00-4,30h).

Nivel do roteiro medio baixo, sendeiros doados con poucos treitos de desnivel. Haberá un roteiro alternativo de só 6 km.

Apuntade nas vosas axendas !!!

Vémonos en Prado- Morgadáns- Gondomar!!!!

 

CARTAZ VI Anadaina Galiñeiro

Baixar cartaz en pdf.

Compra artigos para colaborar coa plataforma.

29 Set

COMPRA ARTIGOS
para colaborar coa plataforma

De cara a financiar as actividades da plataforma e a vindeira andaina deste domingo 4 de outubro, este ano, as persoas encargadas deste menester, decidimos tirar da produción local e da reciclaxe, ámbalas dúas cuestións relacionadas directamente coa sustentabilidade do medio. Asumindo o reto con ilusión, contactamos co obradoiro de costura local “La Canalla” (Vigo) e co fabricante de paraugas “Ezpeleta” (Vigo).

COMPRA ARTIGOS para colaborar coa plataforma

La Canalla confeccionou 20 camisola de manga longa e 30 morrais ou macutos con tecidos reciclados (restos de fabricación).

Ezpeleta preparou 50 paraugas de cara ao vindeiro inverno. Rasgo a destacar: é o único fabricante de paraugas español que continúa producindo en España unha liña de paraugas mantendo os postos de traballo! Dado os precios deses paraugas non é posible que sexan os que a plataforma vai vender.

Informamos, tamén, que “La Canalla” vai montar un taller “nómada” en Prado o día da andaina. Quen queira pode levar algunha prenda para coserlle o logo da plataforma, o que se fará por un módico precio.

Estes artigos se venderán o comezo e remate da VI Andaina. Esperámosvos !!!

Andaina polo Galiñeiro o pasado 26 de outubro

27 Nov

O pasado domingo 26/10 fixemos un percorrido circular de 9 km , e duración 4h 30  con 30 persoas. Durante a marcha paramos en distintos puntos para falar de prehistoria ( petroglifos, mamoas, muiños de man), xeloxía, natureza, multifuncionalidade da serra (usos ) , ameazas … Acompañounos un día estupendo, as persoas foron participativas e quedaron sorprendidas da paisaxe, as diferencias entre zoas e pola  actividade de todo tipo que se respira o longo da serra ( especialmente escaladores, btt, paseantes … e un par de xabalis a 40 metros ).

 

Fotos da V andaina pola protección da serra do Galiñeiro.

20 Mai

SERRA DO GALIÑEIRO: PARQUE NATURAL !!!

 

Agradecementos a todas e todos os asistentas a V Andaina.

12 Mai

A Plataforma pola Protección da serra do Galiñeiro celebrou onte a súa V Andaina, pedindo nesta edición a protección para a serra en forma de PARQUE NATURAL.

A cidadanía respostou forte a esta chamada xa que entre 2000 e 2300 persoas secundaron a convocatoria. E o seu entusiasmo pola causa demostrouse tamén no interese en adquirir as camisetas e o material propagandístico da mesma co que sustenta económicamente.

IMG_6777-1

A demanda que a extensa poboación desta bisbarra fai de Galiñeiro como lugar propio fíxose patente unha vez máis; pero tamén acudiron á cita xentes de outras partes do país. O bo tempo permitiu o disfrute da paisaxe, da beleza dos cumios, do bosque caducifolio e de outras paraxes, á vez que se volveu reivindicar protección para esta serra.

Grazas, por suposto, á directiva da festa e ao centro cultural de Erville que colaboraron durante todo o día, dende as gaitas que amenizaron a saída e chegada da marcha, ata a cantina que serviu comida e bebida toda a xornada e facilitou a infraestrutura para que todo saíse como era de esperar. Grazas ao concello de Gondomar que nos emprestou o palco e nolo trasladou ata o lugar. E moi especialmente a todas as persoas e entidades que axudan nesta loita, ás que colocaron os centos de cartaces, ás que difunden o evento, ás que ano tras ano fan a andaina, ás que nos animan a quen estamos na organización.

Grazas especiais tamén a Teresa Moure pola redacción do manifesto que publicaremos en breve, e polo seu apoio incondicional aos movementos ecoloxistas e a nosa causa en particular.

A Plataforma pola Proteccción da serra do Galiñeiro sigue pedindo colaboración, sabendo que o traballo de calquera tipo sempre é necesario e oportuno.

Serra de Galiñeiro PARQUE NATURAL!!!!

Domingo 11 de maio: V Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

16 Abr

O vindeiro domingo 11 de maio, terá lugar a V andaina pola protección da serra do Galiñeiro para reivindicar a protección da serra baixo a figura de Parque Natural

Saida: Ermida das Neves, Erville as 10:30 h.

Chegada: Ermida das Neves, Erville as 14:00 h.

 

V Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

V-Andaina-1000

Iniciaremos o noso percorrido no Coto de Erville, promontorio natural que servíu como asentamento castrexo na Idade do Ferro, e onde posteriormente sería edificada a capela de Nosa Sª das Neves. O primeiro tramo discurrirá pola ladeira norte do Coto do Mediodía, monumental reloxio solar natural, utilizado durante moitos anos con este fin polos veciños de Zamáns.

Bordearemos despois a área de nacemento do río Zamáns, tapizada por unha das formacións vexetais máis valiosas da serra: a carrasqueira húmida atlántica. Remontaremos entón a ladeira última da nosa ascensión, a costa de pendente máis acusada. O noso esforzo verase recompensado en canto academos a Boca do Lobo, portela natural no cumieiro da serra desde a cal poderemos admirar as paisaxes do Val Miñor e a Ría de Vigo. Aos pés da Boca do Lobo derrámase un vasto depósito de rochas fracturadas polos xeos da última glaciación, rodadas e amoreadas ladeira abaixo: as Pedras Esbarrulladas. Percorreremos a continuación un sector dos cumes da serra, a través da enigmática Cova da Becha, As Laxes Molladas, e o vértice xeodésico de A Garita.

As cornixas periglaciares, peñasqueiras e laxiais dos cumes da serra constitúen o hábitat dunha interesante e especializada comunidade vexetal, perfectamente adaptada ás duras condicións ambientais que impón este medio. Destacan polo seu tamaño os fenais de Stipa xigante, altos herbais que medran nas pronunciadas ladeiras de poñente.

Descenderemos a carón de pequenas plantas colonizadoras dos solos esqueléticos, como o aromático tromentelo, e matogueiras de influencia mediterránea ricas en especies, como a carqueixa, o rañalobos e un pequeño toxo de carácter endémico: Ulex micranthus. Os rabaños de cabras que aínda pastan pola serra modelan estas comunidades vexetais desde hai séculos, sendo fundamentais para a conservación deste ecosistema.

Abandonaremos definitivamente as cotas altas da serra, adentrándonos nunha fresca e vizosa regueira da parroquia de Chenlo, nun dos nacementos do río da Fervenza. Sorprenderanos a abundancia e diversidade de árbores autóctonas, como o cerquiño, o carballo, a abeleira, e particularmente o bidueiro, moi común nesta zona. O último tramo do noso percorrido realizarémolo a través de piñeirais de repoboación, onde conviven o piñeiro bravo e o americano piñeiro de Monterrei. Con algo de sorte, escoitaremos o canto inconfundibel do cuco, que retorna todas as primaveras a esta masa forestal.

A V Andaina en defensa da serra do Galiñeiro, que nesta edición reivindicará a protección da serra baixo a figura de Parque Natural, rematará no mesmo lugar onde principiamos a marcha:  O Coto de Erville.

 Preme para baixar o percorrido.