Arquivo | Xullo, 2023

A Plataforma do Galiñeiro e as charlas non institutos da contorna.

19 Xul

A Plataforma pola Protección da serra do Galiñeiro, entre outras actividades que desenvolve, leva anos dando charlas nos institutos da contorna para dar a coñecer o patrimonio deste espazo natural. Os valores da serra deberan ter máis protección da que na realidade lle confiren as distintas Administracións, que en suma é simplemente a de espazo forestal xenérico reflectida nos distintos PXOMs dos concellos aos que pertence o seu territorio.

Esta Plataforma considera que a divulgación dos valores naturais e antrópicos de Galiñeiro posibilita que as xeracións futuras e a cidadanía en xeral cheguen a valorar este espazo na xusta medida.

 A primeira parte da charla está dedicada aos valores naturais, atendendo primeiro á complexa xeoloxía do lugar lugar enmarcada na xeoloxía de Galicia e comezando polos conceptos básicos desta ciencia. Os elementos biolóxicos, algúns de destacado interese, son os que se explican a continuación.

A segunda parte da charla comeza tratando os valores antrópicos dende o paleolítico ata a actualidade para rematar explicando a loita social que esta Plataforma leva a cabo e as razóns da súa existencia.

As fotos que siguen amosan momentos de charlas en distintos institutos dos Concellos aos que pertence Galiñeiro (e outros limítrofes)  aos que fomos chamados/as polo profesorado de Filosofía, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. Estivemos en Beade, Mos e Gondomar e esperamos que este labor desenvolvido nos últimos anos siga a incrementarse no futuro.