Arquivo | Novembro, 2021

“EÓLICA ASÍ NON” CONVOCA UNHA NOVA GRAN MOBILIZACIÓN PARA O 11D, DÍA DAS MONTAÑAS, POR UNHA MORATORIA EÓLICA REAL EFECTIVA

26 Nov
#11DEólicaAsíNon

Santiago de Compostela, a 26 de novembro de 2021.- Con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro sábado, 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” apoiada en máis de 170 colectivos de toda Galiza, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica colonial que está a sufrir o país e que discorrerá baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non”.

Seguir lendo
Imaxe

28 de novembro: Andaina 30 aniversario do PR-GL Galiñeiro

12 Nov