Arquivo | Agosto, 2011

II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

30 Ago

Aloia-Galiñerio

Por unha serra sen eólicos !!

 

–         Día: Domingo 18 de setembro de 2011

–         Saída: Capela do Monte Aloia as 11:00 h

–         Chegada: Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) 15:00 h

–         Ruta lineal de aproximadamente 10 km (3-4 horas)

–         Á Chegada lerase o manifesto. Poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Faremos un xantar popular coa comida que traia cada un. Haberá música e animación.

–         Recoméndase levar:

  • Calzado cómodo
  • Auga e comida para o final

–         Autobuses desde Vigo e Vincios. Necesaria inscrición previa *

–         Zonas de aparcamento no Aloia, Galiñeiro e Prado*

Convoca a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro:

A Ría Non de Vende, ADEGA, A.C. Berra Val Miñor, AGA (Asoc.Galega Apicultura), Amigos da Terra, Asoc. ”Festa da Prehistoria”, Asoc. Trece Catorce, Asoc. Veciñal Casco Vello, Asoc. Veciños de Vincios, Asoc. A Groba, Asoc. Mundo Minero, C.C. As Pedriñas, C.M.V.M.C. de Chaín, C.M.V.M.C. de Couso, C.M.V.M.C. de Vincios, C.S. A Revolta, Club Escalada Montaña Azimut, Club Montañeiros Celtas, Club Peña Trevinca M.G., Clube de Montaña Xistra, Clube Espeleolóxico Mauxo, C S A Faisca, Federación A.A.V.V. Eduardo Chao-Vigo, Federación Galega Montañismo, Instituto de Estudos Miñoranos, Outrovigoéposible, Plataforma Defensa da Ría Cíes, Salvemos Monteferro, SOS Serra da Groba,Verdegaia.

  Seguir lendo

A FORTALEZA DO GALIÑEIRO

16 Ago

“No Galiñeiro de Vincios, no alto e aillado cumio norte desta serra, tamén coñecido dende Zamáns como As Ghallas, localízanse as ruínas dunha fortaleza medieval que tamén é chamada Castro do Galiñeiro. 

 
Foto Clube Espeleoloxía Maúxo: Baixo o rectangular símbolo esténdese o recinto fortificado do Galiñeiro. Foto dende As Paracháns

 No interior do recinto fortificado destacan dúas pequenas cavidades naturais O Forno e “O Abrigheiro do Coto da Cerradura” que se sabe foron usadas como refuxios na prehistoria, tal e como se achega no oportuno capítulo deste libro. Por fóra da muralla occidental, inmediata a ela, encóntrase a cova d’As Ghallas.

O afastado do lugar fai que non se dispoña de moita información escrita sobre esta fortaleza. Han ser os montañeiros vigueses da década de 1950 os que dean novas sobre a existencia no Galiñeiro de “restos de antiquísima muralla, vestigios de nuestros primeros antepasados, aunque no se puede atestiguar en firme su verdadera procedencia” [i].

Seguir lendo

O ollo do mar

12 Ago

“Entre o Galiñeiro e o mar existía unha estraña relación: antigamente pensábase que este monte era un brazo de mar, mar que asomaba a través de diversos mananciais ou olleiros, coñecidos como ollos do mar. Un destes ollos situaríase sobre o Campo Redondo. Un segundo ollo estaría ao pé da Loma da Sorra. Outro manancial tería o seu nacimento entre as dúas Ghallas do Galiñeiro, ao pé do penedo coñecido precisamente como Ollo do Mar [ou cova d’AS GHALLAS]. Estas aguas alimentarían a Fonte Coberta, e baixarían cara Vincios através da Regheira da Raís. Como consecuencia da súa conexión co mar, o fluxo de agua considerábase permanente, daí que os pastos regados por estes olleiros se conservaran verdes durante todo o ano.

A proximidade do mar a este cume era tal que achegando a orella á grencha que se abre a carón do penedo do Ollo do Mar “sintes cantar a ághua”. Exactamente igual que na Fonte de Sanomédio (Camos) e na Pedra da Laghoa (Coruxo), que se relacionaban así mesmo co mar, e nos que podía ser escuitado o seu bater.

En Zamáns aínda hoxe se acredita na existencia dun mar subterráneo que se estendería baixo a terra toda, e do cal manarían as fontes. De se abrir algún día a superficie da terra, Zamáns enteiro se precipitaría sen remedio sobre as aguas deste mar. O mesmo topónimo de Zamáns (quizais debería ser realmente Samáns) fai alusión á abundancia de agua nos seus prados e barxíos.

Seguir lendo

Xosé Poldras dona a súa colografía da Serra do Galiñeiro

2 Ago

Xosé Poldras, artista plástico Ourensán. O groso da súa obra é gravado pero tamén fai pintura, fotografía e escultura. Expuso en todo o mundo, ten obra feita en conxunto con outros artistas mesmo no Gugenheim de Bilbo  e no reina sofía de Madrid. Doa a súa colografía da serra do galiñeiro a plataforma.

 

“Na fabulosa Serra do galiñeiro planean instalar un parque eólico. Que as desmesuradas necesidades enerxéticas deste modo de vida, non servan para xustificar agora a desaparición do pracer de mirar ao lonxe.”