Arquivo | Xuño, 2012

Sechu López coa Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro

20 Xuñ

Pouco despois da conquista do Anapurna o pasado 6 de maio, Sechu López  aparece así de guapo na súa primeira entrevista concedida logo da proeza poucos días despois en Kathmandu, xusto o día anterior á III Andaina pola defensa da Serra do Galinheiro.

Agradecemos moi especialmente a Sechu López que se lembrara da Serra do Galiñeiro en eses especiais momentos, ofrecendo o seu público apoio. As montañas grandes son importantes mais as pequenas tamén.

Grazas Sechu.

Camiñantes na néboa

18 Xuñ

Grazas á xentileza dos autores e da editorial, publicamos estas fermosas verbas tituladas “Camiñantes na néboa” extraidas do libro:

“Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI”

Autores: Xurxo Ayán e Manuel Gago

2.0 Editora

Santiago de Compostela