Arquivo | Abril, 2013

Éxito rotundo da IV andaina pola protección da Serra do Galiñeiro

26 Abr

Máis de 2.000 persoas acudiron o pasado día 21 á IV andaina pola protección da serra do Galiñeiro. Un clamoroso berro contra os ataques que desde a Xunta de Galiza se están a perpetrar contra este entorno de todas e todos.

IV-Andaina

Son moitas as felicitacións que recibimos tanto pola organización como polo trazado. Desde esta plataforma queremos agradecervos a vós este apoio pacífico e clamoroso contra os destructivos proxectos que ameazan a nosa serra.

Moitas grazas a todas e todos.

Seguir lendo

Mapa da IV andaina pola protección da serra do Galiñeiro

12 Abr

Como xa sabedes, o vindeiro 21 de abril terá lugar a

IV andaina pola protección da serra do Galiñeiro.

 

Saida: Parque forestal de Zamáns as 10:30 h. (Mapa para chegar á saída).

Chegada: Parque forestal de Zamáns as 14:00 h.

A lonxitude aproximada da andaina é de 10 Km. (3:30 – 4:00 horas).

Nivel da ruta medio-baixo, sendeiros doados e con poucos tramos de desnivel.

IV Andaina-mapa

Podedes baixar:

NON FALTEDES.  VOS ESPERAMOS !!!!!

O Galiñeiro non está a salvo

4 Abr

A mobilización é imprescindible !!!

 Ante as novas dos xornais de onte queremos aclarar que O Galiñeiro non está a salvo de ningunha ameaza. Desgraciadamente. 

Se chega a ser certo que o proxecto de investigación de Terras Raras en 10 ha. non sigue adiante, sí están a exposición pública 32 ha. adxacentes ás anteriores para explotar tamén Terras Raras, xa que así o fixo público a Consellería de Economía e Industria no DOG do 15 de febreiro deste 2013. 

Na páxina web do censo catastral mineiro de Galicia podedes consultar as imaxes que adxuntamos. 

Ademáis diso, o polígono eólico sometido a información pública, sigue a súa tramitación e os impactos de todo tipo que de sempre ven sufrindo esta serra siguen aí. 

A protección da serra do Galiñeiro só pode vir dada por unha figura administrativa que recoñeza os valores que este espazo natural ten. Ata entón habemos de seguir nesta luita. 

Esperámoste o domingo 21 de abril na IV Andaina !!!

 

 

Proxecto-supostamente-suspendidocuadrículas-mineiras-ofertadas-pola-Xunta-o-pasado-febreiro

Actividades en torno á IV andaina

2 Abr

Venres 5 de abril as 20:00 h. no Centro Social FUSCALHO:

Presentación da IV Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro.

Sábado 6 de abril as 20:00 h. no Centro Social FUSCALHO:

Projecçom do filme “O Espírito das Trincadeiras”

Contaremos con:

  • Uxío Benítex Fernández. (promotor do documental).
  • Tasio Villa Troncoso. (Participante no documental como portavoz da Comisión de defensa das Trincadeiras).

VOS ESPERAMOS !!!

cartaz