A mobilización é imprescindible !!!
Ante as novas dos xornais de onte queremos aclarar que O Galiñeiro non está a salvo de ningunha ameaza. Desgraciadamente.
Se chega a ser certo que o proxecto de investigación de Terras Raras en 10 ha. non sigue adiante, sí están a exposición pública 32 ha. adxacentes ás anteriores para explotar tamén Terras Raras, xa que así o fixo público a Consellería de Economía e Industria no DOG do 15 de febreiro deste 2013.
Na páxina web do censo catastral mineiro de Galicia podedes consultar as imaxes que adxuntamos.
Ademáis diso, o polígono eólico sometido a información pública, sigue a súa tramitación e os impactos de todo tipo que de sempre ven sufrindo esta serra siguen aí.
A protección da serra do Galiñeiro só pode vir dada por unha figura administrativa que recoñeza os valores que este espazo natural ten. Ata entón habemos de seguir nesta luita.
Esperámoste o domingo 21 de abril na IV Andaina !!!
Unha resposta a “O Galiñeiro non está a salvo”