Arquivo | Novembro, 2011

Simulación do proxecto de parque eólico na Serra do Galiñeiro

28 Nov

A empresa TERRA DO VENTO, S. R. L., proxecta a construción dun parque eólico na Serra do Galiñeiro.

Esta empresa, pretende colocar 13 aeroxeradores de 3 MW cada un deles na nosa Serra (39 Mw de potencia),  O modelo de aeroxerador contemplado no proxecto é o VESTAS V-90, de 45 metros de radio de rotor e unha altura de buxe que pode estar comprendida entre os 90 e os 105 metros, é decir que a altura total estaría entre 135 e 150 metros. Preguntámonos si a “V” de VESTAS non debería ser unha “B”.

Aparte dos variados impactos que xeraría a construción destas BESTAS, o parque temén levaría aparellado o seguinte:

  • Sistema colector e de transporte enterrado que permite o envio de enerxía a subestación transformadora do parque.
  • Subestación de transformación.
  • O centro de control do parque.
  • Os viais de acceso a todas estas instalacións (5 m de ancho)

A Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro, ven de facer unha simulación do que sería a construción deste parque eólico; o fin da Serra como a coñocemos e queremos. Aquí está:

 

CHARLA INFORMATIVA NA ESCOLA PARROQUIAL DE CHENLO

25 Nov

CHARLA INFORMATIVA

Domingo 27 de novembro ás 11 horas da mañá

Escola parroquial de Chenlo

Charla informativa da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro. Falarase dos nosos obxectivos como plataforma, as actividades que facemos, e as ameazas ás que se enfronta a Serra como o proxecto de polígono eólico.

máis información no 620055347

Se che interesa o teu territorio NON O DUBIDES, VEN!!

RESUMO DAS XORNADAS “APROVEITAMENTO MULTIFUNCIONAL DOS MONTES VECIÑAIS”

3 Nov

Organizadas polo movemento social “Pola protección da serra do Galiñeiro”

Sábado 29 de outubro: Conferencias e mesa redonda.

XABIER SIMÓN E A SÚA INVESTIGACIÓN

Profesor de economía ecolóxica na universidade de Vigo

 

EXPERIENCIAS PRODUTIVAS INNOVADORAS NOS MONTES COMUNAIS (EPIs)

 Considera que o primeiro problema ambiental de Galicia é a superficie queimada. Por riba da contaminación das rías e do efecto invernadoiro. E apunta outros problemas graves no monte galego: O monocultivo para a produción enerxética e a instalación de polígonos eólicos.

 Explica estes problemas co despoboamento do rural !!!

 Considera que hai futuro, e que ese futuro provén de ideas:

  • Dinamizar as comunidades coa participación das persoas.
  • Emprender actividades específicas para cada localidade.
  • Tendo como horizonte a pervivencia da nosa cultura.

 A solución ao problema actual son as EPIs.

EXPERIENCIAS

PRODUTIVAS

INNOVADORAS

Persoas.Aldeas.Comunidades.COA XENTE,

NON PARA A XENTE

Xestión do medioambiente.Xestión da agua.Xestión da alimentación.  Son sociais.Son cooperativas e non competitivas.Son especificamente locais.Están en rede.

NO LOCAL, NON  NO  GLOBAL

Seguir lendo