RESUMO DAS XORNADAS “APROVEITAMENTO MULTIFUNCIONAL DOS MONTES VECIÑAIS”

3 Nov

Organizadas polo movemento social “Pola protección da serra do Galiñeiro”

Sábado 29 de outubro: Conferencias e mesa redonda.

XABIER SIMÓN E A SÚA INVESTIGACIÓN

Profesor de economía ecolóxica na universidade de Vigo

 

EXPERIENCIAS PRODUTIVAS INNOVADORAS NOS MONTES COMUNAIS (EPIs)

 Considera que o primeiro problema ambiental de Galicia é a superficie queimada. Por riba da contaminación das rías e do efecto invernadoiro. E apunta outros problemas graves no monte galego: O monocultivo para a produción enerxética e a instalación de polígonos eólicos.

 Explica estes problemas co despoboamento do rural !!!

 Considera que hai futuro, e que ese futuro provén de ideas:

  • Dinamizar as comunidades coa participación das persoas.
  • Emprender actividades específicas para cada localidade.
  • Tendo como horizonte a pervivencia da nosa cultura.

 A solución ao problema actual son as EPIs.

EXPERIENCIAS

PRODUTIVAS

INNOVADORAS

Persoas.Aldeas.Comunidades.COA XENTE,

NON PARA A XENTE

Xestión do medioambiente.Xestión da agua.Xestión da alimentación.  Son sociais.Son cooperativas e non competitivas.Son especificamente locais.Están en rede.

NO LOCAL, NON  NO  GLOBAL

Hai varias EPIs en toda Galicia. Fálanos de tres.

 O caso de Figueiras (Mondoñedo):

23 comuneiros, 1021 Ha.

  • 100 Ha dedicadas a pasto comunal.
  • Explotación de cogomelos.
  • Explotación de mel.

 O caso de Zobra (Lalín):

52 Comuneiros, 1682 Ha

Todo é rede natura. Está protexida dos eólicos.

  • Explotación de rubia galega e cachena.
  • O tractor propio alúganllo aos veciños.
  • Explotación de turismo rural nas casas das antigas minas de estaño.
  • Rota de sendeirismo.

 O caso de Cabeiras (Arbo):

98 Comuneiros, 473 Ha.

No 2004 tiñan cerificación de monte sustentable e explotaban Pinus pinaster.

Despois dos incendios do 2006 diversificaron a explotación do monte, e agora teñen:

  • Piñeiros, frondosas, monte baixo e pastos.
  • Teñen cabras. Esta explotación aínda non cubre gastos. Para iso han de chegar a ter 300 femias reprodutoras.
  • Tamén potencian a boa xestión do monte privado que rodea en multitude de sitios ao monte comunal.
  • Teñen unha infraestrutura global contra o lume: diversificación dos usos do monte, emprego local para implicar á comunidade de veciños.

El explica os incendios como o resultado da ecuación: pirómano + biomasa + calor

Esta comunidade de montes actúa sobre:

   Os pirómanos. Implicando á poboación local.

   A biomasa. Téndoa controlada polo uso do territorio e fixando a poboación local.

XESUS ASOREY, O MEL  E AS ABELLAS

Secretario de AGA (asociación galega de apicultura)

Biólogo e apicultor, fundou xa hai moitos anos a casa das abellas.

Considera que as abellas son un servizo público e gratuíto, xa que hai estimacións feitas de que por cada euro que ingresa o apicultor a sociedade ingresa 20 euros.

Explicou que hai 20.000 especies de abellas silvestres e bastantes menos especies de abellas domésticas e que o 80% das plantas precisan das abellas. E máis aínda, asegura que o 75% da alimentación humana depende das abellas.

Aconsella para as alerxías tomar mel da zona onde viva un.

Comentounos distintas experiencias apícolas do noso país:

Aínda que en Galicia hai 3.451 apicultores só 81 son profesionais. É esta unha característica que os aficionados teñen en estima e non queren mudar. O mundo da apicultura é unha afición e unha axuda económica para algunhas familias. Así aínda que algún profesional en Galicia chega a ter 700 colmeas, non é o habitual.

Considérase idónea ter como moito ata 100 colmeas xuntas nas zonas despoboadas (Lugo e Ourense), e non máis de 25 colmeas xuntas nas zonas máis poboadas, estando estes apiarios distantes entre sí uns 4 ou 5 quilómetros. Así evítase a interferencia cos humanos e asegúrase o abastecemento dos animais.

  • En Carnota o concello ten habilitada a ruta dos muiños e as abellas. E fan unha feira e degustación destes produtos.
  • No Barbanza hai algunha comunidade de Montes que lle facilita o seu terreo a un grupo de abelleiros dos que cobra unha cota. Estes venden o mel conxuntamente.
  • No Courel preténdese facer a rota das abellas.

 Apicultura urbana

Debido aos produtos químicos na agricultura, no momento actual as abellas teñen menos problemas nas cidades que no campo.

  • No mesmo París hai 10.000 colmeas.
  • Nos xardíns de Luxemburgo hai instalacións apícolas.

 Os problemas actuais do mundo das abellas

  • Os pesticidas sistémicos acaban coas abellas.
  • As plantacións de vexetais transxénicos fan que non se poda vender ese mel.
  • A contaminación da agua aféctalles, xa que son animais que precisan bastante agua.
  • A lei en España, ao contrario do que se ve en Europa, é restrictiva coa colocación de apiarios.
  • Como consecuencia de todo isto as instalacións apícolas en Galicia reducíronse moítisimo nos últimos 10 anos, chegando nalgunhas provincias a quedar só a metade dos apiarios. En España e no mundo enteiro a situación é semellante. Como exemplo A Arxentina que pasou de producir 100.000 tm de mel a producir 50.000.
  • O acceso ás subencións está difícil, xa que se precisa ter un mínimo de 180 colmeas. A lei non favorece aos non profesionais!!!
  • As leis europeas favorecen máis a apicultura.

Considera o relator que a paisaxe e a gastronomía de Galicia teñen moito, moito que ver coas abellas.

A EXPLOTACIÓN DO MONTE EN MAN COMÚN EN MOURISCADOS (MONDARIZ)

Santiago González, secretario da comunidade de montes.

Teñen 300 Ha e omezaron esta explotación multifuncional do seu monte despois dos desgraciados incendios do 2006. Ata entón tiñan explotación de Pinus pinaster.

 Asesorounos nesta explotación multifuncional do monte Antonio Rigueiro, profesor da USC en Lugo.

O profesor Rigueiro leva 25 anos estudando como eliminar o sotobosque dos montes galegos, chegando á conclusión de que o  desbroce supón un gasto de 240 euros/Ha/ano. Por iso propón a limpeza mediante animais: porco celta, cabra, cabalo, vaca cachena, vaca caldelá.

 Mouriscados ten agora nestes labores 11 cabalos da raza cabalo galego do monte, o que lle supón   0,3  animais/ Ha, pero precísanse  1,5 animal/Ha.

Estes cabalos son os que xa había nos seus montes e que os seus propietarios abandoaron por falta de rendibilidade, polo que os animais baixaban ás estradas e pastaban nas propiedades de cultivo.

 As outras actividades da comunidade de montes son:

  • Porco celta debaixo dos castiñeiros.
  • Teñen silvicultura de piñeiros e frondosas.
  • Explotan cogomelos de micorrización.
  • Explotan “froitos do bosque” con rego á pingueira, xa que plantaron frambuesas, grosellas e  arandos.
  • Teñen 180 colmeas de abellas. Préstanlle especial atención ao mel de silva, dándolle así un uso ás extensión de silveiras do seu monte. Interésanlles as abellas para que polinicen mellor os castiñeiros e tamén por conservar a tradición.
  • Implicaron na explotación do mel a unha asociación de discapacitados psíquicos da bisbarra e os labores do mel e a comercialización fana coa cooperativa de requeixo e mel do concello veciño das Neves.
  • Puxeron puntos de agua, xa que os animais, incluídas as abellas, a precisan.
  • Tamén teñen pozas para abastecerse o helicóptero en caso de incendio.
  • Cando fan desbroces á máquina, non os fan masivamente.
  • Teñen roteiros turísticos para a visita dos petróglifos.
  • Teñen en proxecto facer un roteiro apícola.

 Os comuneiros fan estes cálculos por ano:

2,7 euros/kg de mel. 25 kg de mel/colmea. 100 Colmeas que teñen en produción.

O rendemento por ano desas 100 colmeas é o equivalente a 1 Ha de eucalipto ou a 1,5 Ha de piñeiro, tamén é equivalente a 1 aeroxerador de 2 Mw ou a 2 antenas de telefonía móbil.

A PROPIEDADE DO MONTE EN GALICIA

Xosé Alfredo Pereira, presidente da OGCMMC

Monte baldío ou monte comunal

  • Haino en todo o país, aínda que na provincia da Coruña so hai no Barbanza e unha comunidade en Melide.
  • É esta unha titularidade colectiva que só a hai en Galiza e no norte de Portugal.
  • A denominación de “baldio” só se lle da no sul de Pontevedra e norte de Portugal.
  • Non está recoñecida nas leis españolas e sorprendentemente tampouco nas galegas.
  • É unha propiedade do monte de tipo xermánica.
  • Estas terras están fora do tráfico comercial. En realidade os comuneiros son USUFRUTUARIOS.

 Houbo alguén que os denominou como “latifundios democráticos rodeados de minifundios privados”.

 A outra forma de propiedade do monte é a románica: o monte de varas. Esta dase no oriente do país. Este monte sí se herda.

 ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES EN MAN COMÚN é a asociación que representa máis comunidades de montes no Xurado de clasificación de Montes Veciñais, aínda que hai outras dúas asociacións de comunidades de montes en man común.

 Ata agora mesmo os montes ríxense pola Lei de Montes do Estado e pola Lei de Montes Veciñais do 1989, pero estase a elaborar o borrador da nova lei de Montes de Galicia.

 A futura lei de Montes pon  en RISCO o monte en man común polos seguintes motivos:

Preténdese quitarlle a protección que actualmente poden ter os montes coa figura de “solo rústico de protección de espazos naturais”.

Pode ser privatizado por intereses urbanísticos ou empresariais (viñas, biomasa forestal para produción de enerxía….)

 Xa que a lei pretende:

  • Acoller a proposta dos empresarios de que ante a expropiación non se poida alegar cuestión ambiental.
  • Usurparlle a xestión das C.M. do interior do país, onde hai despoboación e entregarlle a xestión dos montes ás empresas multinacionais ou nacionais mediante a figura de SOCIEDADES DE FOMENTO.
  • Que a Xunta deixe de ter a obriga de facer o deslinde deste montes.
  • Nin de facer os labores de extinción de incendios.

 Aínda así é grazas á luita das propias comunidades de montes nos últimos meses conseguiuse que o borrador, que pasará ao Conselllo Económico e Social o 9 de novembro, admitira estas cuestións:

  • Manter a capacidade xurídica dos montes.
  • Seguir coa titularidade xermánica.
  • Recoñécense os montes periurbanos que son comunais como de uso non produtivo.
  • Os aproveitamentos do monte só poden ser labores relativas ao monte.
  • As Comunidades de Montes poden ser xestores de biomasa.

VISITAS GUIADAS POLOS MONTES VECIÑAIS DE VINCIOS E COUSO

O venres 28 pola tarde e o domingo 30 de outubro pola mañán.

NOS MONTES DE VINCIOS

Visitáronse e explicáronse as súas explotacións:

  • Os cultivos de piñeiro e a reciente micorrización que se fixo neses piñeirais.
  • A explotación de frondosas que esta comunidade de montes deu en alugueiro a unha empresa de explotación de madeiras nobres. Hai nela un 80% castiñeiro e o 20% restante diversas especies.
  • Explotación de ovellas nunha parte e de vaca rubia galega noutra parte. As dúas foron dadas tamén en réxime de alugueiro.
  • Tivemos ocasión de ver o rabaño de cabras que un particular pastorea na serra.
  • E explicáronse os trámites dos que está pendente a explotación de biomasa forestal para compost no monte comunal de Vincios.

 Visitáronse as maravillosas covas graníticas do Brión, Fumega a Vella e os petróglifos da Agua da Laxe así como as mámoas da chan dos Bromús.

 NOS MONTES DE COUSO

  • Foron explicadas as micorrización en castiñéiro tal como se levan a cabo, as previsións de produción que teñen e o sistema de explotación que barallan facer.
  • Visitouse o patrimonio arqueolóxico partindo do miradouro do Viso: O petróglifo do Sobral, O castro do Facho de Riba, e as mámoas do Outeiro da Pipa que xa lindan coa parroquia de Malvas.
  • Houbo unha explicación profunda de cada un destes elementos arqueolóxicos in situ e fíxose unha camiñada percorrendo os  roteiros que levan a cada un deles e que a comunidade de Montes acaba de sinalizar con paneis explicativos.

2 Respostas to “RESUMO DAS XORNADAS “APROVEITAMENTO MULTIFUNCIONAL DOS MONTES VECIÑAIS””

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: