Simulación do proxecto de parque eólico na Serra do Galiñeiro

28 Nov

A empresa TERRA DO VENTO, S. R. L., proxecta a construción dun parque eólico na Serra do Galiñeiro.

Esta empresa, pretende colocar 13 aeroxeradores de 3 MW cada un deles na nosa Serra (39 Mw de potencia),  O modelo de aeroxerador contemplado no proxecto é o VESTAS V-90, de 45 metros de radio de rotor e unha altura de buxe que pode estar comprendida entre os 90 e os 105 metros, é decir que a altura total estaría entre 135 e 150 metros. Preguntámonos si a “V” de VESTAS non debería ser unha “B”.

Aparte dos variados impactos que xeraría a construción destas BESTAS, o parque temén levaría aparellado o seguinte:

  • Sistema colector e de transporte enterrado que permite o envio de enerxía a subestación transformadora do parque.
  • Subestación de transformación.
  • O centro de control do parque.
  • Os viais de acceso a todas estas instalacións (5 m de ancho)

A Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro, ven de facer unha simulación do que sería a construción deste parque eólico; o fin da Serra como a coñocemos e queremos. Aquí está:

 

5 Respostas to “Simulación do proxecto de parque eólico na Serra do Galiñeiro”

  1. Fulaniño 28/11/2011 ás 10:25 pm #

    Xa que estan estudando es proxecto dos BESTAS de paso ben podian ir estudando baixala factura.Non Non os muiños eses que queren fodela Serra pa beneficio deles só.

  2. Pura 28/11/2011 ás 11:32 pm #

    Gustoume moito o vídeo. E a pancarta é moi alecionadora!. Os datos son clarificadores e o humor boa falla nos fai.

  3. Ignatius 29/11/2011 ás 8:25 pm #

    Impresionante ese video. Paabéns aos autores/as. Concordo con que sería o fin da Serra do Galiñeiro tal cual a coñocemos. Unha “BESTALIDADE”.

    Seguide loitando, seguimos loitando.

  4. KiloWatio 30/11/2011 ás 11:53 pm #

    Habería que meter a saida desas BESTAS polo cu a máis de un a ver si se lles encendía a cachola e se daban conta da animalada que queren facer.

    Concordo cos parabéns polo video.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Simulación do proxecto de parque eólico na Serra do Galiñeiro « Pola defensa da Serra do Galiñeiro - 29/11/2011

    […] Simulación do proxecto de parque eólico na Serra do Galiñeiro […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: