Arquivo | Outubro, 2011

Xornadas sobre Aproveitamento Multifuncional dos Montes Veciñais

12 Out

Os próximos 28, 29 e 30 de Outubro, terán lugar unhas xornadas sobre Aproveitamento Multifuncional dos Montes Veciñais. O lugar de reunión será o Centro Cultural de Vincios nos seguintes días e horarios:

venres, 28 as 16.30 horas:

Visita guiada polos montes veciñais de Vincios-Gondomar

Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios

sábado, 29 as 18.00 horas

Lugar: Salón de actos do Centro Cultural de Vincios

PONENCIAS

. Experiencias produtivas innovadoras nos montes comunais

por Xavier Simón, profesor de Economía Ecolóxica na Universidade de Vigo

. Abellas e biodiversidade

por Xesús Asorey, secretario da AGA, Asociación Galega de Apicultura

. O man común. Outro xeito posible

por Santiago González, secretario da Comunidade de Montes de Mouriscados (Mondariz)

MESA REDONDA

Coa participación do público en xeral, técnicos e Comunidades de Montes Veciñais

POR UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DOS NOSOS MONTES

CLAUSURA

A cargo do Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes,

Xosé Alfredo Pereira

domingo, 30 as 10.30 horas

Visita guiada polos montes veciñais de Couso-Gondomar

Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios

Teléfonos de contacto:

Xosé Manuel Docampo 665 10 60 32

Oficiña da Comunidade de Montes de Vincios: 986 46 96 92. O horario de oficiña é : de luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Vos esperamos…

Manifestación o próximo día 12.

10 Out

Os cabalos ceibes no monte, tradición de centos de anos nos montes galegos, son arestora un elemento xenuíno da nosa paisaxe. Non só serven como desbrozadores do mato e por tanto aliados nosos na loita contra o lume, senón que grazas a eles pódese manter ese rito ancestral dos CURROS como demostran os moitos petróglifos que teñen ao cabalo como protagonista. 

Calquera medida que se poida tomar dende a Administración que poña en perigo a celebración desta festa, da “RAPA DAS BESTAS”, significa que nos arrincan algo que corre polas veas do noso pobo.´ 

Que a Xunta de Galicia leve adiante a súa pretensión da implantación obrigatoria do “MICROCHIP” aos cabalos do monte, sin aplicar as excepcións que a normativa europea que regula estes asuntos permite, é unha medida que atenta contra a pervivencias dos cabalos no monte e polo tanto dos curros. 

Non se trata, como din as asociacións de gandeiros, de que os cabalos non estean identificados, senón de que se continúe coas marcas e libros de rexistro tradicionais, e de que os cabalos estean asegurados de tal xeito que se poida responder de calquera perxuizo por eles ocasionado. 

Dende a PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO, que anceiamos un parque natural na serra, e esta chea de cabalos, apoiamos a manifestación convocada para o próximo día 12 pola ASOCIACIÓN DE GANDEIROS DA SERRA DA GROBA. A manifestación sairá da explanada do camping da ladeira ata a Virxe da Rocha.