Arquivo | Febreiro, 2013

Todas con Rosalía

26 Feb

“Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva”.

Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose espontaneamente a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras, persoal sanitario, ecoloxistas… Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro, tamén estivo presente en este video como se pode comprobar a partir do minuto 4:00

 

Domingo 21 de Abril: IV Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

20 Feb

DOMINGO 21 DE ABRIL

Seguimos CONTANDO CON VÓS neste momento que tantas ameazas pesan sobre O GALIÑEIRO.

 Galiñeiro vista mar

Nas vindeiras semanas teredes comunicación sobre o percorrido e as actividades que terán lugar ao final do paseo.

NON FALTEDES !!!

Gomez Noya coa Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro

8 Feb
 
Gomez NoyaO medalla de prata oímpica Javier Gómez Noya estivo no Val Miñor,  nun faladoiro do IEM no mes de novembro de 2012, e sumouse aos milleiros de persoas que apoian á Plataforma pola protección do Galiñeiro.
 
O gran deportista ferrolán recibiú con agarimo a nosa camiseta reivindicativa e fotografouse con ela, sumandode así a lista de grandes deportistas do noso país que apoian á Plataforma do Galiñeiro.
 
Grazas a Javier, e que siga a colleitar grandes éxitos para el e o deporte galego, e polo seu apoio as nosas reivindicacións.