O proxecto de investigación ten por obxecto unha das actividades mineiras con máis grave impacto ambiental e social por destrución do territorio e contaminación, efectos que son inasumibles, especialmente nun espazo rural e natural valioso.
A minería de terras raras constitúe unha das actividades mineiras más agresivas ambiental e socialmente, e ten un efecto devastador sobre o territorio.
En primeiro lugar, os óxidos das terras raras están presentes nunhas concentracións moi baixas no mineral que os contén, e ademais non poden extraerse na súa totalidade. Só unha parte do mineral presente (entre o 25%e o 75%) pode ser utilizado; o mineral utilizable só contén unha pequena parte (entre un 0,10% e un 0,60%) de óxidos extraíbles, e na extracción só pode aproveitarse unha parte (entre un 60% e un 80%) dos óxidos presentes. Isto supón que por cada tonelada de mineral extraído e tratado obtéñense entre 50 g e 500 g de óxidos de terras raras.
Polo tanto, uha explotación económicamente rendible ten que procesar anualmente inxentes cantidades de rocha, e ten que poder facelo ao longo de varios anos. Isto implica que a mina ten que abranguer e destruir unha grande extensión de territorio. Pero ademáis xera unha enorme cantidade de residuos de mineral, que teñen que ser retirados da zona activa da mina e depositados noutro lugar, chegando a duplicar a extensión de territorio directamente afectada. Seguir lendo