Arquivo | Setembro, 2015

A festa na VI Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

30 Set

Como xa sabedes, o vindeiro domingo 4 de outubro vos esperamos na VI Andaina pola protección da serra do Galiñeiro.

 A festa está asegurada coas seguintes actuacións:

O principio da Andaina, haberá a actuación dos Gaiteiros de Morgadáns.

Á chegada (15:00 – 15:30 h) haberá:

  • Lectura do manifesto.
  • Actuación de Rena Renato, animador socio-cultural.
  • Actuación musical de Mónica de Nut e Luis Martínez.
  • Actuación musical de Orfeón mariñeiro do Berbés.
  • Actuación musical de A Buxaina.

Venderemos artigos para cooperar coa plataforma e se queres, podes levar algunha prenda para coserlle o noso logo.

Esperámosvos !!!

Orfeón Mariñeiro do Berbés

Compra artigos para colaborar coa plataforma.

29 Set

COMPRA ARTIGOS
para colaborar coa plataforma

De cara a financiar as actividades da plataforma e a vindeira andaina deste domingo 4 de outubro, este ano, as persoas encargadas deste menester, decidimos tirar da produción local e da reciclaxe, ámbalas dúas cuestións relacionadas directamente coa sustentabilidade do medio. Asumindo o reto con ilusión, contactamos co obradoiro de costura local “La Canalla” (Vigo) e co fabricante de paraugas “Ezpeleta” (Vigo).

COMPRA ARTIGOS para colaborar coa plataforma

La Canalla confeccionou 20 camisola de manga longa e 30 morrais ou macutos con tecidos reciclados (restos de fabricación).

Ezpeleta preparou 50 paraugas de cara ao vindeiro inverno. Rasgo a destacar: é o único fabricante de paraugas español que continúa producindo en España unha liña de paraugas mantendo os postos de traballo! Dado os precios deses paraugas non é posible que sexan os que a plataforma vai vender.

Informamos, tamén, que “La Canalla” vai montar un taller “nómada” en Prado o día da andaina. Quen queira pode levar algunha prenda para coserlle o logo da plataforma, o que se fará por un módico precio.

Estes artigos se venderán o comezo e remate da VI Andaina. Esperámosvos !!!

Imaxe

Domingo 4 de outubro. VI Andaina: Mapa do percorrido

12 Set

VI Andaina_R0_res web

Imaxe

Domingo 4 de outubro: VI Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

7 Set

CARTAZ-VI-ANDAINA_1