Arquivo | Agosto, 2018

Outra vez os eólicos no Galiñeiro

10 Ago

Ante as últimas novas respecto da serra do Galiñeiro, o día 2 de agosto, a Plataforma pola Protección da serra do Galiñeiro reuniuse en asemblea para tratar a problemática da ameaza dunha nova explotación eólica.

A través do Concello de Gondomar (Concellaría de Medio Ambiente) tivemos noticias da intención de volver implantar un parque eólico nos cumios da serra. Trátase dunha empresa de capital saudí que xa mostrou o seu interese noutros lugares de Galicia, Alfanar Group, que ven da man da madrileña Capital Energy dirixida polo xenro de Florentino Pérez, presidente do Real Madrid.

A asemblea decidiu retomar as mobilizacións e seguir na liña de rexeitamento a calquera proxecto que supoña a destrución dos valores da serra. Tamén abordou a problemática dos incendios, xa que dez meses despois dos fatídicos lumes, aínda as Comunidades de Montes seguen paralizadas no seu traballo de restauración por falta de autorización de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. A Plataforma seguirá loitando ante calquera proxecto de agresión tal e como expresou na última manifestación celebrada en Compostela o pasado mes de xuño contra a megaminaría.

Seguir lendo