Arquivo | Abril, 2016
Galería

Fotos da VI Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

19 Abr

Grazas pola andaina !!!

18 Abr

Amigas e amigos de Galiñeiro: grazas pola vosa participación!!!!

 IMG-20160417-WA0017

Un ano máis demostramos que Galiñeiro nos importa. A pesares da climatoloxía alí estabamos, aproveitando o avelo que o tempo nos deu para percorrer a serra por outro roteiro, para seguir demandando protección para ela, para disfrutala, para compartila.

Esta vez foi a vertente oeste, foi a parte sur, foi Prado, Vincios, Vilas… foi a mina abandonada, foron as pistas, foron os antigos camiños en desuso, foi a chan de mámoas, foi o alto dos Penidos… e seguimos a ser moitos /as, máis de medio milleiro, os/as que entre a chuvia do sábado e os batagóns da vindeira semana saímos a pedir un parque natural para a serra de Galiñeiro.

Grazas as/aos participantes, á comisión de festas de Prado, ao polveiro e á rosquilleira que nos diron de comer, aos gaiteiros “Balcón do Val Miñor” de Morgadáns que nos abriu a Andaina con alegría, a Benito que puxo o son, a Manolo Pipas que nos leu os seus poemas, á Bagunda que nos amenizou, e a Fran Alonso que fixo este estupendo manifesto que vos achegamos.

Grazas

Manifesto lido por Fran Alonso ao remate da VI Andaina

Poesías de Manolo Pipas dedicadas á serra do Galiñeiro

VI Andaina: A festa está asegurada !!!

15 Abr

O principio da Andaina, haberá a actuación dos Gaiteiros de Morgadáns.

Á chegada (15:00 – 15:30 h) haberá:

  • Lectura do manifesto a cargo de Fran Alonso
  • Actuación de Rena Renato, animador socio-cultural
  • Actuación de Mónica de Nut e Luis Martínez
  • Recital de Manolo Pipas
  • Actuación de A Bagunda. Orquesta Autóctona Republicana

NON FALTEDES !!!

IMG_6767

Confirmamos a celebración da VI Andaina. Esperámosvos o domingo ás 10:30h

15 Abr

Amigas e amigos de Galiñeiro: o tempo meteorolóxico danos un avelo para celebrarmos a nosa VI Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro! Así que este domingo 17 de abril ás 10.30 da mañán esperámosvos en Prado – Morgadáns – Gondomar.

O lugar onde vos convocamos expresa moi ben o carácter da paisaxe cultural e natural da serra do Galiñeiro, unidas indisolublemente entre si: Os prados e socalcos agrícolas de Vilas e Prado, formas inmemoriais de xestión e conservación dos solos, os rabaños de cabras e ovellas de monte que aínda perviven, ou as últimas e a cada vez máis reducidas mandas de cabalos salvaxes moldeando os matos e panasqueiras da serra, confírenlle un carácter singular a estas terras e montes. Usos tradicionais que resultan de vital importancia para a conservación dos valores ambientais da serra, que deberán ser preservados e promovidos dende a Administración o día que esta acade por fin a protección legal que merece.

VI Andaina_R1_res web-2

Seguir lendo

Imaxe

Mapa do percorrido da VI andaina pola protección da serra do Galiñeiro

7 Abr

VI Andaina_R1_res web-2

VI Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

4 Abr

Amigos e amigas de Galiñeiro: RECORDÁMOSVOS que o domingo 17 de abril temos unha cita.

Esta Plataforma convoca a VI Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro, que tivo de ser suspendida o pasado día 4 de outubro a causa das condicións meteorolóxicas. A saída terá lugar no mesmo lugar de entón: a capela de S. Xosé de Prado (Morgadáns, Gondomar), ás 10.30 h. da mañán. Despois de realizarmos un percorrido circular pola serra, voltaremos ao punto do inicio en torno ás 14.30 h. A continuación desfrutaremos dun merecido descanso e das intervencións dos/as artistas convidados/as que se uniron altruistamente á causa do Galiñeiro.

 cartaz_vi_andaina_gali__eiro_Page_1

Seguir lendo