Grazas pola andaina !!!

18 Abr

Amigas e amigos de Galiñeiro: grazas pola vosa participación!!!!

 IMG-20160417-WA0017

Un ano máis demostramos que Galiñeiro nos importa. A pesares da climatoloxía alí estabamos, aproveitando o avelo que o tempo nos deu para percorrer a serra por outro roteiro, para seguir demandando protección para ela, para disfrutala, para compartila.

Esta vez foi a vertente oeste, foi a parte sur, foi Prado, Vincios, Vilas… foi a mina abandonada, foron as pistas, foron os antigos camiños en desuso, foi a chan de mámoas, foi o alto dos Penidos… e seguimos a ser moitos /as, máis de medio milleiro, os/as que entre a chuvia do sábado e os batagóns da vindeira semana saímos a pedir un parque natural para a serra de Galiñeiro.

Grazas as/aos participantes, á comisión de festas de Prado, ao polveiro e á rosquilleira que nos diron de comer, aos gaiteiros “Balcón do Val Miñor” de Morgadáns que nos abriu a Andaina con alegría, a Benito que puxo o son, a Manolo Pipas que nos leu os seus poemas, á Bagunda que nos amenizou, e a Fran Alonso que fixo este estupendo manifesto que vos achegamos.

Grazas

Manifesto lido por Fran Alonso ao remate da VI Andaina

Poesías de Manolo Pipas dedicadas á serra do Galiñeiro

Deixar un comentario