Arquivo | Xullo, 2011

Presentamos 8.000 sinaturas e pedimos a declaración de LIC para a Serra do Galiñeiro

18 Xul
O movemento social Pola Protección da Serra do Galiñeiro fai un chamamento aos cidadáns para que este MÉRCORES 20 DE XULLO as 12:00 h. se concentren no Edificio da Xunta de Galicia en Vigo acompañándonos na presentación no Rexistro da Xunta das 8.000 sinaturas recollidas en apoio á protección desta enclave único no sur da provincia de Pontevedra. Será ás 12 da mañán.Nese mesmo momento daráselles entrada nese Rexistro á varias solicitudes de protección do Galiñeiro dirixidas a distintas entidades.
 
Facemos unha petición ao Parlamento Europeo para que a Serra do Galiñeiro sexa incluída na Rede Natura 2000 de Galicia como LIC (Lugar de Interese Comunitario) polos seus hábitats, algúns deles de Interese Comunitario, e polas especies de animais e vexetais que alberga, das que algunhas requiren unha especial conservación ou mesmo protección estricta.

Solicitamos á Consellería do Medio Rural que a Serra do Galiñeiro se declare ademáis de L.I.C. Parque Natural, ampliando así o P.N. do Monte Aloia.
Consideramos que á parte dos motivos anteriormente citados, O Galiñeiro alberga outros valores de grande importancia e natureza diversa que converten a este territorio en merecedor de tal figura.

Tamén comunicaremos á Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia a nosa solicitude de que a Serra do Galiñeiro se declare Parque Natural.

E, por suposto, pedimos aos cinco concellos e ás tres Entidades Locais Menores que teñen territorio na Serra do Galiñeiro que as súas corporacións municipais se posicionen sobre a petición de que o Galiñeiro sexa declarado Lugar de Interese Comunitario, e sobre a petición de que sexa declarado Parque Natural, ampliando así o espazo protexido do Monte Aloia.

 

A TÚA PRESENZA ALÍ NO EDIFICIO DA XUNTA EN VIGO, MÉRCOLES 20 de XULLO, ÁS 12 DA MAÑÁN, É IMPORTANTE!!!

Saida nocturna para visitar o petroglifo de Auga da Laxe en Vincios

11 Xul

O IEM (Institudo de estudos miñoranos) organiza unha saída nocturna o próximo mércoles 13 de xullo, para visitar o petroglifo de Auga da Laxe en Vincios, no corazón da Serra do Galiñeiro.

A visita parte do local, sede do IEM: Avd. da Feira, nº 10 en Gondomar as 22:00 horas, para dende alí dirixirse ata Vincios onde os arqueólogos deste organismo farán unha interpretación das figuras inscritas nesta enorme laxe, así como de outros petróglifos adxacente a ela e que forman parte dos valores patrimoniais deste entorno.

A visualización destes gravados con luz rasante proporcionada por focos fai máis perceptible as súas formas, e a visita ten ademáis o engado do paseo de noite ao pé das altas cumes do Galiñeiro.

Debate sobre a protección da Serra do Galiñeiro

10 Xul

Mércores 13 de xullo. 19:00 h c/Urzaiz:  A  Farola

 

O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro” segue realizando actividades, desta volta colaborando cos acampados de Vigo do movemento 15-M. O vindeiro día 13-7-11 terá lugar as 19:00 h un debate  sobre a protección deste espazo natural. Para participar no debate so tes que acercarte á Farola de Urzaiz.

Debaterase sobre os seu numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais da Serra do Galiñeiro; os impactos que esta a sufrir e os proxectos de grandes infraestruturas que a ameazan; e a necesidade urxente da súa protección legal e efectiva.