Presentamos 8.000 sinaturas e pedimos a declaración de LIC para a Serra do Galiñeiro

18 Jul
O movemento social Pola Protección da Serra do Galiñeiro fai un chamamento aos cidadáns para que este MÉRCORES 20 DE XULLO as 12:00 h. se concentren no Edificio da Xunta de Galicia en Vigo acompañándonos na presentación no Rexistro da Xunta das 8.000 sinaturas recollidas en apoio á protección desta enclave único no sur da provincia de Pontevedra. Será ás 12 da mañán.Nese mesmo momento daráselles entrada nese Rexistro á varias solicitudes de protección do Galiñeiro dirixidas a distintas entidades.
 
Facemos unha petición ao Parlamento Europeo para que a Serra do Galiñeiro sexa incluída na Rede Natura 2000 de Galicia como LIC (Lugar de Interese Comunitario) polos seus hábitats, algúns deles de Interese Comunitario, e polas especies de animais e vexetais que alberga, das que algunhas requiren unha especial conservación ou mesmo protección estricta.

Solicitamos á Consellería do Medio Rural que a Serra do Galiñeiro se declare ademáis de L.I.C. Parque Natural, ampliando así o P.N. do Monte Aloia.
Consideramos que á parte dos motivos anteriormente citados, O Galiñeiro alberga outros valores de grande importancia e natureza diversa que converten a este territorio en merecedor de tal figura.

Tamén comunicaremos á Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia a nosa solicitude de que a Serra do Galiñeiro se declare Parque Natural.

E, por suposto, pedimos aos cinco concellos e ás tres Entidades Locais Menores que teñen territorio na Serra do Galiñeiro que as súas corporacións municipais se posicionen sobre a petición de que o Galiñeiro sexa declarado Lugar de Interese Comunitario, e sobre a petición de que sexa declarado Parque Natural, ampliando así o espazo protexido do Monte Aloia.

 

A TÚA PRESENZA ALÍ NO EDIFICIO DA XUNTA EN VIGO, MÉRCOLES 20 de XULLO, ÁS 12 DA MAÑÁN, É IMPORTANTE!!!

Unha resposta to “Presentamos 8.000 sinaturas e pedimos a declaración de LIC para a Serra do Galiñeiro”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Presentamos 8.000 sinaturas e pedimos a declaración de LIC para a Serra do Galiñeiro « Pola defensa da Serra do Galiñeiro - 18/07/2011

    […] Presentamos 8.000 sinaturas e pedimos a declaración de LIC para a Serra do Galiñeiro […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: