Saida nocturna para visitar o petroglifo de Auga da Laxe en Vincios

11 Jul

O IEM (Institudo de estudos miñoranos) organiza unha saída nocturna o próximo mércoles 13 de xullo, para visitar o petroglifo de Auga da Laxe en Vincios, no corazón da Serra do Galiñeiro.

A visita parte do local, sede do IEM: Avd. da Feira, nº 10 en Gondomar as 22:00 horas, para dende alí dirixirse ata Vincios onde os arqueólogos deste organismo farán unha interpretación das figuras inscritas nesta enorme laxe, así como de outros petróglifos adxacente a ela e que forman parte dos valores patrimoniais deste entorno.

A visualización destes gravados con luz rasante proporcionada por focos fai máis perceptible as súas formas, e a visita ten ademáis o engado do paseo de noite ao pé das altas cumes do Galiñeiro.

3 Respostas to “Saida nocturna para visitar o petroglifo de Auga da Laxe en Vincios”

  1. Sesé Soto 12/07/2011 ás 12:25 pm #

    canto tempo durará a ruta???

  2. monteferro 13/07/2011 ás 12:08 pm #

    Dúas horas e media, máis ou menos ( entre desprazamentos e explicacións in situ). É de pouco andar, máis de ver e escoitar.

    • Sesé Soto 13/07/2011 ás 1:10 pm #

      Andaremos por alí entón. Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: