Arquivo | Maio, 2020

DOBRE PANDEMIA

27 Mai

Nestes días de confinamento nos que a sociedade civil ven dando mostras dun gran civismo e resistencia, atopamos que o tecido asociativo e cultural do país hibernou ou mermou moito a súa actividade por motivos obvios. A Xunta de Galicia pola contra, non parou a súa actividade, e aínda coa poboación confinada e coa mobilidade restrinxida, acelerou un feixe de procedementos administrativos de proxectos industriais. Esto que en principio non estaría mal si os dereitos dos cidadáns estiveran protexidos e tivesen os prazos e as posibilidades de analizar e actuar con normalidade ante  calquera deses procedementos, que non é o caso.

Poidemos ver na páxina da Consellería de Industria  a situación dos proxectos de Parques Eólicos da Serra da Groba e da Serra do Galiñeiro.

Seguir lendo

XEOLODÍA: Galiñeiro, un fermoso libro xeolóxico no sur de Galicia

10 Mai

Saúdos despois de tanto tempo!!!

Para colaborar en que o confinamento que estamos a vivir sexa máis levadeiro A PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO quere poñer o“o seu gran de area”,  e nunca mellor dito  xa que ímos falar de minerais e de rochas!

Aquí vos enviamos este precioso VÍDEO e o convite para facer o paseo do xeolodía en maio do ano que ven.