CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS

17 Mar

Si queres cooperar pola defensa da Serra do Galiñeiro, baixa este arquivo para recoller firmas, e envíao a:

Centro Cultural de Vincios.
Barrio do Piñeiro s/n.
Vincios – Gondomar
36316 – Pontevedra

Paisaxe desde O Galiñeiro

 

A Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui,é un lugar senlleiro polos seus valores naturais (xeolóxicos, biolóxicos, paisaxísticos), culturais (históricos, arqueolóxicos, etnográficos), sociais e económicos (actividades tradicionais que aproveitan de xeito sustentable e rendible os recursos do monte; actividades de lecer; deportes de natureza sustentables). As asociacións cidadás que subscribimos este manifesto consideramos que este espazo natural e os seus valores teñen que ser protexidos ao amparo das lexislacións europea, estatal e galega vixentes.

Denunciamos as actividades altamente impactantes que estragan a Serra: a plantación masiva e proliferación de especies foráneas (eucaliptos, piñeiros e acacias); a proliferación de canteiras, moitas delas ilegais; a apertura masiva de pistas, o seu ancheado e  recrecemento con entullos, e o seu asfaltado; a práctica deportiva con vehículos a motor dentro e fora das pistas; os movementos de terra sen control e os vertedoiros incontrolados de lixo e entullo. As grandes infraestruturas en proxecto (parques eólicos e estradas de circunvalación urbana) ameazan con degradar a Serra dun xeito xeralizado e irreversible.

Solicitamos a protección da Serra do Galiñeiro polo seu valor como espazo natural e cultural. Queremos que siga sendo un referente paisaxístico da nosa terra, e que perviva a súa riqueza xeolóxica, e que os seus hábitats continúen acubillando flora e fauna singulares en Galicia. Queremos que os petroglifos, as mámoas e as numerosas cavidades con valor xeolóxico, arqueolóxico e etnográfico da Serra se manteñan inalterados no seu contexto natural e histórico e, con eles, o patrimonio inmaterial que neles mora. Queremos que perdure o aproveitamento multifuncional da Serra que fan moitas Comunidades de Montes, veciños e particulares, mediante actividades sustentables e rendibles que manteñen viva a identidade do rural.

A Serra do Galiñeiro debe quedar libre de actividades e artificializacións destrutivas.E seguir acollendo, en paz, o pastoreo de gando ceibe: cabalos, vacas, ovellas e cabras. E seguir abastecendo, sen alteracións, as traídas de auga potable da veciñanza do seu entorno. E seguir sendo un valioso lugar de deleite vital, cultura e deporte de natureza para unha zona tan poboada como é a terra de Vigo, o Val Miñor, a Louriña, o Baixo Miño e o Morrazo.

 

17 Respostas to “CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE FIRMAS”

  1. PSdeG-PSOE O Porriño 30/03/2011 ás 11:02 pm #

    Boas!
    Dende o PSdeG-PSOE do Porriño queríamos saber se tedes máis información sobre a futura Planta eólica do Galiñeiro porque queremos apoiarvos e imos recoller sinaturas en Chenlo para apoiar a vosa plataforma.
    Calquer cousa, podedes contactar con nos nos nosos moviles 605083983 (Iván Vaqueiro, candidato PSOE Porriño) e Jose Luis Fernández (Candidato do PSOE á Entidade Local de Chenlo) 675950433
    Asimesmo vos animamos a facer unha charla en Chenlo se vos parece de interese.
    saudos!

  2. Lóis Uxío Taboada Arribe 02/05/2011 ás 4:18 pm #

    Adírome a ista Declaración a título persoal.
    Son membro da Sociedade de Montaña ÁRTABROS de A Coruña.

  3. Sérgio 13/11/2011 ás 9:32 pm #

    Até quando há de prazo para enviar as assinaturas? Graças!

  4. carla 25/02/2012 ás 1:31 pm #

    non entendo como pretenden destruir este monte está cheo de vida

  5. ANGEL 11/05/2012 ás 4:43 pm #

    non entendo como esta sente quere destruir o monte tan bonito y bistas que tiene que se atrevan que le paramos los pies

  6. ANGEL 11/05/2012 ás 4:47 pm #

    esto es una verdadera verguenza lo que quieren hacer estes politicos de turno es que vamos haora quieren ronper caminos y meter cables y hala que no hagan nada el monte es un anbito natural

    • alexandre 20/08/2012 ás 10:53 am #

      ti angel destrues a ortografía

  7. angel 17/11/2012 ás 6:00 pm #

    por favor por favor coidado,

  8. gonzalo 13/12/2012 ás 11:15 am #

    ISTE “PROGRESO” E A NOSA RUINA….
    (plataforma antitaurna lastemadebois de ourense)

  9. Carlos 14/04/2013 ás 11:42 pm #

    ola. ¿como vai a recollida de firmas? ¿Pensastes en facer unha petición en change.org? É unha plataforma moi potente e xa hai algunhas peticións abertas pero seguramente axudaría ter unha única petición e tentar divulgala todo o posible. ¡Vémonos o domingo!

  10. Manolo Lolailo 22/04/2013 ás 8:49 pm #

    Temome que cheguei tarde a loita. Baixeime a folla de asinaturas e non teño claro se seguides necesitando que se recollan mais firmas para otras vias de loita

  11. Remedios 01/10/2015 ás 9:27 am #

    Hai que apuntarse pra facer esta andina??
    E a primeira vez que a fago e non o sei

    Gracias,

  12. Javier Fernández Viz 13/08/2018 ás 7:31 pm #

    Adírome al esta declaración

  13. Bráulio Amaro 14/08/2018 ás 10:28 am #

    Non se pode asinar on line?
    Apertas

Trackbacks/Pingbacks

  1. Castro del Galiñeiro | GALICIA MAXICA - 27/03/2016

    […] En los últimos meses ha sido aprobada la construcción en A Serra do Galiñeiro de un parque eólico, que a pesar de su supuesta ecología, pone en peligro todo el ecosistema del Galiñeiro. Por eso hacemos un llamamiento para todo aquel que desee pueda firmar a favor de la protección de la sierra. Desde esta página obtendreis todos los detalles: https://serragalinheiro.wordpress.com […]

Deixar un comentario