Arquivo | Xuño, 2018

A Plataforma cos compañeir@s contra a mina de Touro-O Pino

11 Xuñ

A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, participou na multitudinaria manifestación en Santiago contra o proxecto de reactivación da mina de Touro – O Pino.

Case toda Galicia está ameazada por proxectos similares e a Serra do Galiñeiro tamén.

A prazo do Obradoiro abarrotada, berrou contra os proxectos mineiros que asolan o país e en especial contra a reapertura da mina de Touro – O Pino que estragaría as explotacións gandeiras, turísticas e incluso pesqueiras da zona.