II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

30 Aug

Aloia-Galiñerio

Por unha serra sen eólicos !!

 

–         Día: Domingo 18 de setembro de 2011

–         Saída: Capela do Monte Aloia as 11:00 h

–         Chegada: Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) 15:00 h

–         Ruta lineal de aproximadamente 10 km (3-4 horas)

–         Á Chegada lerase o manifesto. Poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Faremos un xantar popular coa comida que traia cada un. Haberá música e animación.

–         Recoméndase levar:

  • Calzado cómodo
  • Auga e comida para o final

–         Autobuses desde Vigo e Vincios. Necesaria inscrición previa *

–         Zonas de aparcamento no Aloia, Galiñeiro e Prado*

Convoca a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro:

A Ría Non de Vende, ADEGA, A.C. Berra Val Miñor, AGA (Asoc.Galega Apicultura), Amigos da Terra, Asoc. ”Festa da Prehistoria”, Asoc. Trece Catorce, Asoc. Veciñal Casco Vello, Asoc. Veciños de Vincios, Asoc. A Groba, Asoc. Mundo Minero, C.C. As Pedriñas, C.M.V.M.C. de Chaín, C.M.V.M.C. de Couso, C.M.V.M.C. de Vincios, C.S. A Revolta, Club Escalada Montaña Azimut, Club Montañeiros Celtas, Club Peña Trevinca M.G., Clube de Montaña Xistra, Clube Espeleolóxico Mauxo, C S A Faisca, Federación A.A.V.V. Eduardo Chao-Vigo, Federación Galega Montañismo, Instituto de Estudos Miñoranos, Outrovigoéposible, Plataforma Defensa da Ría Cíes, Salvemos Monteferro, SOS Serra da Groba,Verdegaia.

 

*AUTOBUSES

  • Desde VIGO:

IDA VIGO-ALOIA. Saída as 9:30 da mañá desde a Praza de España de Vigo en dirección o Monte Aloia.

VOLTA VINCIOS- VIGO. Saída o remate do xantar e as actividades as 18:00 horas desde o polígono da Pasaxe en Vincios.

O prezo é de 5 € por persoa

  • Desde VINCIOS:

VINCIOS-ALOIA. Saída as 9:30 da mañá desde o Polígono da Pasaxe. Non hai autobús de volta xa que o punto de chegada é Vincios.

    O prezo é de 3 € por persoa

Para facer a inscrición envía os teus datos a través da web de Montañeiros celtas  e ingresa os cartos co teu nome, DNI e punto de partida na conta de Novacaixagalicia 2080 0000 72 0040260769. Si podes envia un xustificante a presidente@celtas.net ou por fax 986 912 220.

*APARCADOIROS

Os puntos de aparcamento para coches particulares estarán sinalizados en:

  • Monte Aloia
  • Galiñeiro – Vincios
  • Prado (fronte a Capela) para quen queira deixar o coche no medio da ruta

Desta maneira podedes facer os seguintes percorridos

  • Percorrido lineal:

Se ides en varios coches aparcade un no Galiñeiro e outro no Aloia e coordinádevos para a ida e o regreso.

  • Percorrido parcial:

–         Aparcade en Prado e unídevos á marcha nese punto para regresar ao final da marcha a Prado.

–         Aparcade en Prado, unídevos á marcha nese punto, e coordinade cun segundo coche no Galiñeiro para regresar a Prado.

  • Percorrido circular:

–         Aparcade na zona do Galiñeiro coa suficiente antelación para facer o percorrido ata o Aloia e chegar á Capela ás 11:00 horas para comenzar a andaina co resto dos participantes.

–         Aparcade na zona de Prado, coa suficiente antelación para facer o percorrido ata o Aloia e chegar á Capela ás 11:00 horas para comenzar a andaina co resto dos participantes.

–         Aparcade no Aloia e comezade a Andaina ás 11:00 horas e despois regresade desde o Galiñeiro para recoller o coche.

O Coro Tradicional Cantares do Brión vai recibir aos participantes na marcha  e interpretará varias pezas no curso da foliada posterior ao xantar campestre.

Proximamente publicaremos na web un plano cos puntos de partida dos buses e os aparcamentos

Máis información:

–         Montañeiros Celtas 986 438 505 en horario de 19:30 a 21:30 de luns a venres

–         Tereixa 607522018

Aquí podedes atopar os planos de aparcadoiros e do percorrido.

7 Respostas to “II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro”

  1. Enrique 12/09/2011 ás 5:21 pm #

    Eu tamén apoio esta iniciativa de protección da Serra do Galiñeiro, merece ser perservada no seu estado actual. Grazas a todos aqueles que aman estes montes e os seus recunchos, pedras e vida.

  2. begoña 12/09/2011 ás 9:05 pm #

    Me gustaría participar, si alguien se desplaza desde A Coruña o cerca agradezco si me lleva, en trueque yo puedo llevar algo de comida para compartir,por ejemplo,o llevo el volante ya que tengo 30 años de carnet pero no coche.
    Me llamo Begoña y he venido a vivir a Betanzos.Siento no poder comunicarme por el momento en galego,xa se verá!! Grazas.

Trackbacks/Pingbacks

  1. II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro « Pola defensa da Serra do Galiñeiro - 30/08/2011

    […] II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro […]

  2. II Andaina por la protección de la Sierra del Galiñeiro | Planeta Vertical - 31/08/2011

    […] info aquí. Comparte esto:EmailImprimir Esta entrada fue publicada en noticias y etiquetada Galiñeiro por […]

  3. Capítulo 0 » 18 de setembro: II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro - 09/09/2011

    […] web oficial da Plataforma: Convocada pola plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro o domingo 18 de setembro de […]

  4. Isca » Convocam marcha na defesa da serra do Galinheiro - 15/09/2011

    […] convocantes reclamam da Junta a protecçom “real e eficaz” da Serra. Podedes consultar aqui mais dados sobre a marcha e o manifesto Os comentarios están fechados, mais podes deixar o […]

  5. Novas 29 agosto a 10 de setembro « Organización Galega de Comunidades de Montes - 11/04/2012

    […] 07.09.2011 CMVMCs Vincios, Couso e Chaín  (Gondomar)-Pontevedra: II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: