II ANDAINA: Domingo 18 de setembro do 2011

21 Sep

O pasado domingo, foi unha xornada de disfrute do Galiñeiro dos múltiples xeitos en que se pode facer, e ao mesmo tempo de reivindicación da súa protección. Así o demostrou o elevado número de persoas que asistiron pese a que por ser un percorrido lineal facía complicada a organización tanto para os membros da plataforma como para as persoas que de xeito particular se quixeron desprazar.

A asistencia según a policía municipal foi de 2.100 persoas. Os andantes que fixeron o percorrido completo foron menos, xa que moitos se desprazaron dende Prado (Morgadáns), outros fixeron o camiño de ida e volta, outros desprazáronse en bicicleta polas pistas. Familias con nenos pequenos e persoas maiores achegáronse ou ben a saída ou ben á zona onde rematou a andaina.

Un grupo de ciclistas federados fixo tamén o percorrido no seu vehículo, o que lle deu máis variedade a andaina. 

A saída foi ás 11 da mañán do Monte Aloia e a chegada aproximadamente ás 13.30 h ao Galiñeiro de Vincios, se ven uns camiñantes xa chegaron ás 13 horas e outros arredor das 2 da tarde.

Ao mediodía o parque forestal de Vincicos, a panasqueira que tantas veces acolle os domingos de descanso dos veciños, estaba a rebordar de xente arredor das súas propias viandas. Non obstantes as existencias de polbo e bocadillos de que dispoñían os postos alí ubicados, esgotáronse. 

Outros moitos veciños achegáronse pola tarde, para sumárense á festa amenizada pola charanga “A vaca pinta“de Vincios , un grupo de gaiteiros formado por “Os Carunchos” e “Os Irmandiños de Vincios” e o “Coro Tradicional Cantares do Brión“. 

A lectura do manifesto ás 14.30 h por Méndez Ferrín foi o momento de  máxima espectación , xa que o académico non se limitou á lectura senon que como bo coñecedor da serra do Galiñeiro, amante do mundo rural e apaixoado defensor do territorio e da Terra galega destacou moitos valores faunísticos do lugar cos que el está familiarizado. Amaís diso resaltou os valores didácticos da serra tanto dende a arqueoloxía como dende a xeoloxía.

O escritor foi moi claro ao considerar que o nivel de defensa do medio natural e do territorio en xeral reflicte o nivel de cultura dos habitantes dun pobo. Fixo énfase en que Galicia ten menos proporción de territorio protexido que países desenvolvidos como é o caso de EEUU, pero tamén ten menor proporción de protección ambiental que outros países menos desenvolvidos ca nós, como Kenia. E mesmo en España, Galicia so protexe un 11,6% do seu territorio, situando ao noso país a cola do Estado que ten unha media do 27%. (Asturias 35%, Madrid 40%). Europa esixe o 25% para os países da Unión. Dixo que non é admisible que os gobernantes se preguen aos intereses das empresas que buscan o diñeiro rápido e fácil no lugar da explotación racional dos recursos, incluso indo no detrimento definitivo do territoiro. 

 Mesmo chegou a trazar un paralelismo entre o trato que se lle da ao medio ambiente e o que se lle da ao idioma galego como indicadores do orgullo de seu deses habitantes. 

Un total de 1.329  asistentes  asinaron  o manifesto o longo da xornada do domingo o que supón un amplo  e explícito  apoio a esta causa. Moitísimos  asistentes estiveron interesados en obter o tríptico explicativo desta plataforma, adquirir pegatinas co logotipo e comprar camisetas alusivas á protección da Serra. 

Á última hora da tarde seguía a música das gaitas e o baile dos máis festeiros.

 

A todos eles esta plataforma lles da as grazas en nome do Galiñeiro: aos máis bailadeiros, aos máis cantadores, aos que camiñaron máis, aos que comeron ben, aos que disfrutaron coas fermosas vistas dende os altos por onde pasaba o percorrido… a todos, todos, todos. Sobre todo polo seu ánimo e mesmo entusiasmo.

 Vémonos na próxima andaina!!!… E nos seguintes actos que este movemento social ten previstos para moi pronto…

Pódense ver máis fotos aquí

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: