Nota de prensa: A minaría de terras raras na serra do Galiñeiro

27 Mai

Gondomar, 27 de maio do 2022

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro, xunto coa Coordinadora “Eólica, Así Non e os restantes 184 colectivos que a conforman, convoca á manifestación do Día dia do Medio Ambiente.

Este ano a idea reivindicativa é referida á ENERXÍA, en clara defensa de todas as montañas galegas ante os proxectos eólicos. Pero desgraciadamente hai outras problemáticas que sobrevoan os nosos montes: a minaría é outra vaga que percorre todo o territorio. Nas últimas semanas en diversos medios de comunicación estamos nós de actualidade, buscan en Galiñeiro Terras Raras. Pero en toda Galicia pescudan outros minerais…. Intentan apañalos a calquera prezo, a calquera prezo do que os insumos negativos recaian no pobo e na natureza!!!

Fuente: Peggy Greb (Wikimedia)

E aínda máis ignominia: nun chamado estado de dereito suprímesenos o dereito de acceso á información, o dereito de participación cidadá: prazos imposibles para alegar a proxectos, informes que cambian e non dan tempo para recorrer, “leis depredación” que lexislan despistando aos cidadáns: enganos e máis enganos… Deturpación das palabras: enerxía renovable, recursos sustentables, actuacións verdes, atallo do cambio climático…. referidas a actuacións que son o contrario deses significados…. Descarbonizar a custa de destruír a biodiversidade que se di se quere protexer!!!

Miles de millóns de euros de subvencións que chegan da Comunidade Económica Europea e ofrécenselle ás multinacionais!!! Para investir en estratéxicos!!! Produtos indispensables? Produtos novos? Liñas innovadoras? Estratéxico para que?! Cartos para quen?! ….. Cambiamos de partidos gobernantes, para que?!

Cando moitas das persoas relevantes verten as súas palabras nos medios de comunicación sobre transición enerxética menten a propósito, pero ata pode ser que algunhas non saiban moi ben o que din. Xa hai décadas que se sabe que estamos a consumir moi moi por riba do que o planeta Terra nos pode dar, estamos a consumir o que tardou millóns de anos en se producir!!! O que levará millóns de anos en volver formarse!!! Polo tanto se non cambia o modelo económico nada pode mudar! Como é, senón ,que estamos a consumir “alegremente” aparellos que precisan tal cantidade de Terras Raras e se tiran ao lixo ao cabo de dous anos?! Que utilicemos eses instrumentos para tarefas totalmente innecesarias?! Como é posible que reparar un aparello electrónico sexa máis caro que comprar un novo? Que as pezas que o compoñen teñan un prezo que chega a quintuplicar o valor do aparello novo? Porque xa non hai servizos técnicos de reparación? É esta a reciclaxe que pregoa a Administración?!

Vivimos nun mundo moi, moi, enganoso. No caso que nos ocupa a nós, enredan a palabra exploración con investigación: din que a oposición social impide a investigación en

Galiñeiro. Vaia poder lle outorgan ao movemento ecoloxista! As Terras Raras de Galiñeiro foron investigadas mineraloxicamente por última vez no ano 1995, e o que se dixo naquel entón foi que dos setes tipos de gneis de riebeckita que hai na serra, soamente un tipo contén Terras Raras, resultando que ese tipo de rocha non está propiamente na serra senón que está aos pés da Universidade de Vigo. Que pretenden, entón nestes intres, con publicar e publicar que Galiñeiro é unha reserva de Terras Raras?! Acaso confundir o termo recurso co de reserva, ou confundir investigación en xeoloxía con investigación en minaría?!

Esperámoste detrás da nosa pancarta o domingo, 5 de xuño, ás 12 horas na alameda de Santiago de Compostela!

Para máis información pódese consultar as nosas páxinas web:

http://www.serradogalinheiro.org

http://www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro

ou contactar con un dos nosos voceiros:

Pura González TLF 620 055 347

Jesús Rodríguez TLF 698 18 35 39

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: