Arquivo | Anuncios RSS feed for this section

Dia das montañas. Eólicos así non!!! Por unha moratoria efectiva do PSEG.

11 Dec

Co gaio do día das montañas, este 11 de decembro se celebraron en 22 puntos de toda Galicia actos reivindicativos por unha moratoria efectiva do plan sectorial eólico da Xunta e unha planificación seria das enerxías mal chamadas verdes.
Estes eventos de hoxe, coordenados a nivel galego por “Eólica así Non”, teñen o seu reflexo no Val de Miñor, no Alto da Paraguda, con unha andaina de 7,5km organizada pola Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro.
Tras unha mañá de densa néboa, a medida que chegamos o cumio foi despexando. Tod@s participaron das excelentes vistas e compartiron a mensaxe trasmitida por Andrea en representación de Montañeiros Celtas e José Antonio por Montañeiros Pena Trevinca.
Agradecer a presenza de veciñ@s como das C. Montes de Vincios e Peitieiros, Alcalde de Tui e Concelleir@s de Gondomar de Manifesto Miñor, BNG, etc.
Aproveitamos para disfrutar das maravillas da nosa paisaxe e visibilizar a problemática da pandemia eólica no Val de Miñor e no resto de Galicia.

Seguir lendo

11D Eólica así non !!! Percorrido da andaina

10 Dec

Percorrido:

Saída desde:

Aparcamento:

Mobilización o vindeiro sábado 11 de decembro: POR UNHA MORATORIA EÓLICA REAL E EFECTIVA !!!

2 Dec

Ante a ofensiva eólica en toda España e en particular en Galicia a coordenadora “Eólica, así non”, que agrupa a 58 asociacións, federacións, grupos ecoloxistas, plataformas e entidades e que ademáis está apoiada por moitos outros colectivos veciñais, culturais, políticos e sindicais de todo o país, convoca unha mobilización para o sábado 11 deste mes de decembro.

Seguir lendo

“EÓLICA ASÍ NON” CONVOCA UNHA NOVA GRAN MOBILIZACIÓN PARA O 11D, DÍA DAS MONTAÑAS, POR UNHA MORATORIA EÓLICA REAL EFECTIVA

26 Nov
#11DEólicaAsíNon

Santiago de Compostela, a 26 de novembro de 2021.- Con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro sábado, 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” apoiada en máis de 170 colectivos de toda Galiza, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico na loita social contra a vaga eólica colonial que está a sufrir o país e que discorrerá baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non”.

Seguir lendo
Imaxe

28 de novembro: Andaina 30 aniversario do PR-GL Galiñeiro

12 Nov

La Xunta tumba el parque eólico de O Galiñeiro por falta de permisos

29 Out

Planteaba 8 aerogeneradores en Gondomar y Tui, cerca del Aloia | Alcaldes y colectivos de ambos municipios mostraron ayer su rechazo al proyecto

Fonte: Faro de Vigo

La zona del Monte Galiñeiro donde estaba previsto el parque, en Morgadáns, con vistas al Atlántico. | // ALBA VILLARNeli Pillado

Gondomar | 29·10·21 | 04:02El Monte Galiñeiro queda libre de parques eólicos por el momento. “A Paraguda”, el último proyecto presentado para ubicar 8 aerogeneradores en la cara sur del macizo, en las proximidades del Monte Aloia, ha sido desestimado por la Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación por falta de permisos. Una propuesta que volvía a poner en pie de guerra a los 43 colectivos integrados en la Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro después de la batalla ganada en mayo, cuando la sociedad Terra do Vento renunció a continuar con la tramitación de los 13 molinos previstos en la cima de Vincios.

La promotora, EDP Renovables, carecía de autorización de acceso a las redes de transporte y distribución de energía eléctrica

decoration

El departamento de la Xunta declaró la inadmisión de la solicitud presentada por la multinacional EDP Renovables para conseguir la autorización administrativa del parque eólico “A Paraguda” hace poco más de una semana, el pasado día 20. Según informan fuentes del Ejecutivo gallego, la empresa carece de permiso de acceso a la red de transporte o distribución. La normativa vigente indica que para solicitar el inicio de un procedimiento de autorización administrativa previa para la construcción de un parque eólico deben cumplirse una serie de requisitos, así como contar con el permiso de acceso a las redes de transporte y distribución de energía eléctrica.

La propuesta planteaba 4 molinos en terrenos de Gondomar, en las parroquias de Peitieiros y Morgadáns, y otros cuatro en Tui, en el núcleo de Malvas. Eran torres de 112 metros de altura y 137 de diámetro, con aspas de 67 metros de largo y de 4 MW de potencia cada uno, según revelan las mismas fuentes.

Los alcaldes de Gondomar y Tui, reunidos ayer con representantes de colectivos ecologistas.

Los alcaldes de Gondomar y Tui, reunidos ayer con representantes de colectivos ecologistas.

Rechazo social

No llegó a pasar la fase de admisión, pero el proyecto desató la alarma de nuevo en las comarcas del Val Miñor y el Baixo Miño. Ayer mismo se reunían en el Concello de Gondomar su alcalde, Paco Ferreira, el de Tui, Enrique Cabaleiro, con el presidente de la Entidade Local Menor de Morgadáns, Alfonso Misa, y representantes de entidades ecologistas del entorno y de la comunidad de montes de Peitieiros. Todos ellos mostraron su rechazo al parque eólico de “A Paraguda” rechazado por la Xunta, aunque todavía figuraba ayer en los planos del Rexistro Eólico de Galicia.

Entre todos barajaron recoger firmas, presentar alegaciones, convocar protestas y aprobar sendas mociones en los plenos de ambos concellos. Medidas que ya no serán necesarias en el caso del parque de “A Paraguda”, pero que tendrán cabida en apoyo a las movilizaciones que SOS Groba y el Instituto de Estudos Miñoráns preparan contra el parque eólico “Albariño I”, que ayer mismo entró en la fase de exposición pública con solo 15 días para presentar aleaciones y que coloca 4 aerogeneradores en Baiona, 2 en Oia y una subestación en Tomiño.

Imaxe

MANIFESTACIÓN: 16 de octubro-Madrid. Renovables SI, pero NON ASÍ.

15 Out

E cando pensabamos que a serra quedaba libre de Parques Eólicos, aparece outro novo.

12 Out

Gondomar, 12 de outubro do 2021

            Estamos ante unha nova ofensiva para a serra de Galiñeiro. A semana pasada apareceu no Rexistro Eólico de Galicia un parque eólico correspondente aos montes de Gondomar e Tui na mesma entrada do Parque Natural Monte Aloia. Está na fase de Pendente de Admisión. Este polígono aparece co topónimo mal escrito. Consta de oito aeroxeradores, unha torre de medición e unha subestación da que non da datos da evacuación da mesma. Catro dos muiños están en Peitieiros na mesma estrema con Morgadáns, e os outros en territorio de Tui próximo ao monte Paraguda.

            Despois de once anos loitando pola ampliación á toda a serra de Galiñeiro do Parque Natural Monte Aloia, isto resulta un despropósito.

            Día a día asistimos as artimañas da Administración movendo muiños de vento de un polígono a outro para confundir á poboación. Documentos exposto ao público durante soamente quince días. Empresas que se poñen en contacto cos afectados/as cando xa a tramitación está resolta. Todo isto estamos a vivilo na serra da Groba! Polígonos eólicos ciscados por calquera parte do territorio, sen previa ordenación. Lexislando a través das chamadas Leis de Acompañamento para impedir que a xente acceda á normativa. En definitiva, un atraco á cidadanía!  E agora aparece este nas portas dun Parque Natural que ten necesidade de ampliación!

            Non soamente Galicia, España enteira está afectada desta febre eólica, desta ansia de  especulación. O vindeiro sábado16 de outubro, na manifestación de Madrid berraremos “Enerxía eólica, así non”. Preténdese presentar coa faciana de ecolóxica e sustentable unha explotación enerxética que no fondo non fai máis que servir ao engorde económico das empresas multinacionais. Toda esta enerxía, que en principio é “verde” non favorece aos cidadáns/cidadás do territorio que a sustenta e menos a medioambiente onde están instaladas os polígonos. Estas son as deturpacións ás que o sistema capitalista somete calquera idea ou concepto!

Hoxe berramos alto e forte en Santiago: Eólica así non !!!

5 Xuñ

5 de xuño: Manifestación “Eólica así non”.

31 Mai

O vindeiro sábado 5 de xuño, ás 12:00h. na Alameda de Santiago de Compostela:

EÓLICA, ASÍ NON!

MANIFESTO POR UN NOVO MODELO DE DESENVOLVEMENTO EÓLICO PARA GALIZA

Atopámonos nunha situación de espolio enerxético, na que Galiza volve ser territorio de sacrificio diante dun modelo oportunista e fraudulento de proxectos eólicos fragmentados para esquivar a normativa legal e que invaden o noso espazo de vida. Centos de proxectos que devalúan as economías locais, prexudican a calidade de vida das persoas, degradan as comunidades que vivimos no rural, atentan á titularidade da terra e á explotación dos seus recursos polos seus propietarios a título individual ou comunitario deteriorando ademais o medio natural, a paisaxe e o patrimonio.

O desenvolvemento masivo, sobredimensionado e sen planificar das instalacións eólicas a grande escala, e en ausencia de políticas de aforro e eficiencia da enerxía, supón múltiples impactos, impactos que son irreversíbeis. Non hai excepcións á súa localización: proximidade ás vivendas, invadindo tanto zonas de interese agrogandeiro como espazos naturais protexidos, e mesmo literalmente colocados enriba de petróglifos, de patrimonio irrecuperábel unha vez asentada a infraestrutura.

O actual sistema para a implantación da enerxía eólica en Galiza segue rexéndose por unha planificación sectorial caduca (finais dos anos 90) e por unha lexislación que favorece o oligopolio enerxético fronte aos dereitos das comunidades locais afectadas e o interese colectivo. Unha normativa agravada pola Lei galega de fomento da implantación de iniciativas empresariais de 2017 e pola Lei de simplificación administrativa deste mesmo ano 2021. Son as “Leis de Depredación”, que permiten axilizar a tramitación e posta en marcha dos novos proxectos eólicos restrinxindo a participación pública, facendo irrelevante a conservación do medio natural e do patrimonio, e outorgándolle ás empresas dereitos de usurpación das terras.

Neste momento xa superamos os 100 concellos con parques eólicos, temos máis de 4000 aeroxeradores instalados nos nosos montes… 4000 dise moi rápido!, pero cada unidade de muíño, só para a súa superficie de uso vertical, precisa dunha superficie maior á que ocupa a Praza do Obradoiro compostelá. Galiza conta co 14% da potencia eólica instalada no Estado español, malia que representa menos do 6% da súa superficie. Ten o maior nº de aeroxeradores por habitante do Estado español. Aquí, en 2020, a potencia instalada atinxiu os 130 kW/km2, fronte os 54 kW/km2 do Estado español, ou os 72 kW/km2 de Alemaña.

Cunha produción renovable (eólica e hidroeléctrica) que supera o consumo actual, o 28% da electricidade producida segue a exportarse fóra do país, mentres o subministro á cidadanía,

empresas e industrias galegas seguen a ser dos máis caros do Estado. Tamén en 2020, a potencia eólica instalada superou a potencia hidroeléctrica, polo que Galiza se atopa diante dun novo proceso de colonización enerxética que no franquismo destruíu os ríos e agora vai polas terras e montes mentres se mantén a moita xente na pobreza enerxética. Galiza necesita ter soberanía sobre dos seus recursos e capacidade para decidir o modelo de desenvolvemento a implantar para que este reverta na maioría social do país.

As plataformas e colectivos que asinamos este manifesto estamos a favor das enerxías renovábeis, pero sempre que sexan sustentábeis, non á costa da destrución do medio ambiente e comprometendo a calidade de vida das galegas e galegos. Demandamos un novo marco normativo que contemple e cumpra sen excepcións as seguintes dez premisas de cara a un novo modelo de desenvolvemento eólico na Galiza:

  1. Moratoria das  instalacións  en  tramitación,  sexan  competencia  da Xunta  ou do Estado español, e redacción dun novo Plano Sectorial Eólico sometido a avaliación ambiental estratéxica.
  2. Protección dos servizos ecosistémicos que prestan a biodiversidade e a xeodiversidade, chaves para amortecer os efectos da mudanza climática e para aumentar a resiliencia dos ecosistemas dos que depende a vida.
  3. Ampliación da superficie protexida de Galiza. Só o 11,5% da supeficie galega está ambientalmente protexida. Reclamamos unha vez máis á Administración galega que cumpran co mandado da UE e que amplíe dun xeito urxente os espazos naturais protexidos en Galiza como Rede Natura 2000, únicos espazos nos que a día de hoxe se prohíbe por lei a instalación de novos proxectos eólcos.
  4. Unha transición ecolóxica ordenada, xusta e ao servizo do país. Rexeitamos que á costa do territorio galego, as grandes industrias contaminantes aproveiten a ocasión do negocio eólico para facer o seu lavado verde, sen ter previamente reparado a súa débeda ecolóxica nin resolto o impacto social xerado. O pobo galego debe ser quen decida sobre o aproveitamento dos seus recursos e o seu modelo económico, capaz de procurar un equilibrio territorial e ambiental, que evite a destrución de emprego e a emigración, e que pule pola enerxía como ben básico ao servizo do pobo.
  5. Fomento do aforro, a eficiencia e a autosuficiencia e soberanía enerxética, o fomento do autoconsumo, a produción á pequena escala e a xestión pública galega. A transición enerxética debe partir dun plan orientado á redución das necesidades da sociedade e medidas de xestión da demanda. Fronte á produción ilimitada, os recursos enerxéticos de Galiza deben basearse en criterios de aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética. Cómpre apostar por proxectos de produción e autoconsumo a pequena escala, reducindo distancias entre xeración e consumo, evitando o transporte innecesario da enerxía coas perdas que este ocasiona.
  6. Data de caducidade para as concesións eólicas existentes . Esiximos que o dereito á explotación do vento en Galiza, como recurso natural de caracter público, sexa outorgado a través de concesións con data de caducidade.
  7. Capacidade local de decisión. Os parques eólicos son considerados por defecto de “utilidade pública”, malia ser de iniciativa privada, prevalecendo por riba de calquera outro dereito e implantándose sen diálogo social. Apoiamos que propietarios/as das terras afectadas teñan capacidade de negociación coas promotoras dos parques eólicos e que se elimine o dereito da expropiación directa.
  8. Esiximos unha  normativa xusta  para a sociedade, non a favor do lobby eólico. Deben derrogarase as “leis de depredación” que fan imposible que a consulta pública dos proxectos sexa participativa, real e efectiva. Esiximos tamén a prohibición da fragmentación dos proxectos eólicos e do seu uso como vía para esquivar as avaliacións de impacto ambiental. Así mesmo, é imperativo adaptar a normativa eólica para facela compatible coa normativa ambiental, de patrimonio e da paisaxe.
  9. Cumprimento da normativa para a protección do medio ambiente. Esiximos do Goberno Galego a aprobación urxente dos plans de conservación de especies en perigo e vulnerábeis, e a actualización e catalogación das especies no listado de Réxime de protección especial. O goberno debe esixir Estudos de Impacto Ambiental de calidade, independentes e non fraudulentos.
  10. Paralización e prohibición dos muíños eólicos próximos a núcleos de poboación. O actual modelo eólico prevé que aeroxeradores -que hoxe superan os 150 metros de altura- se coloquen a 500 metros das vivendas, unha distancia claramente insuficiente que ten efectos na calidade de vida das persoas, fomentando o empobrecemento da sociedade rural, depreciando os seus bens materiais, culturais e ambientais, constituíndo unha motivación máis para abandonar un rural que nos últimos 30 anos xa perdeu 2000 núcleos de poboación. Este muíños constitúen unha intensa contaminación acústica, risco de incendio, e impactos das infraestruturas auxiliares. Reclamamos ademais a retirada daqueles que aeroxeradores que xa se atopen nesta situación.

EÓLICA, ASÍ NON!

Santiago de Compostela, xuño 2021.