Agradecementos a todas e todos os asistentas a V Andaina.

12 Mai

A Plataforma pola Protección da serra do Galiñeiro celebrou onte a súa V Andaina, pedindo nesta edición a protección para a serra en forma de PARQUE NATURAL.

A cidadanía respostou forte a esta chamada xa que entre 2000 e 2300 persoas secundaron a convocatoria. E o seu entusiasmo pola causa demostrouse tamén no interese en adquirir as camisetas e o material propagandístico da mesma co que sustenta económicamente.

IMG_6777-1

A demanda que a extensa poboación desta bisbarra fai de Galiñeiro como lugar propio fíxose patente unha vez máis; pero tamén acudiron á cita xentes de outras partes do país. O bo tempo permitiu o disfrute da paisaxe, da beleza dos cumios, do bosque caducifolio e de outras paraxes, á vez que se volveu reivindicar protección para esta serra.

Grazas, por suposto, á directiva da festa e ao centro cultural de Erville que colaboraron durante todo o día, dende as gaitas que amenizaron a saída e chegada da marcha, ata a cantina que serviu comida e bebida toda a xornada e facilitou a infraestrutura para que todo saíse como era de esperar. Grazas ao concello de Gondomar que nos emprestou o palco e nolo trasladou ata o lugar. E moi especialmente a todas as persoas e entidades que axudan nesta loita, ás que colocaron os centos de cartaces, ás que difunden o evento, ás que ano tras ano fan a andaina, ás que nos animan a quen estamos na organización.

Grazas especiais tamén a Teresa Moure pola redacción do manifesto que publicaremos en breve, e polo seu apoio incondicional aos movementos ecoloxistas e a nosa causa en particular.

A Plataforma pola Proteccción da serra do Galiñeiro sigue pedindo colaboración, sabendo que o traballo de calquera tipo sempre é necesario e oportuno.

Serra de Galiñeiro PARQUE NATURAL!!!!

2 Respostas to “Agradecementos a todas e todos os asistentas a V Andaina.”

  1. María Ojea 13/05/2014 ás 8:53 am #

    Gracias a vos por traballar por nós. Galiñeiro PARQUE NATURAL XA!

  2. Camino Errante 15/05/2014 ás 9:54 am #

    Podedes ver fotos da V andaina no noso blogue http://baidesendas.blogspot.com.es/

Deixar un comentario