Ata hai ben pouco, a maior ameaza contra os valores naturais, paisaxísticos, sociais, patrimoniais e etnográficos da Serra do Galiñeiro era a concesión á empresa Terra do Vento dun polígono eólico para a instalación de 13 Aeroxeradores, candanseu de 3 megawatios e 160 m de altura, nas cotas mais altas.
Esta ameaza conviviu no tempo coa a pretensión de instalar na Chan de Prado, corazón da Serra, unha entulladora para o triturado de restos de materias de construcción con orixen en Vigo e a súa área de influencia. Destino dos entullos: recheos de todo tipo, entre eles as propias pistas forestais da Serra.
Pareceulles ben aos políticos da zona, e fixérono público en campaña electoral, que tamén a Chan de Prado podía acoller unha feira de gando, actividade para a que parecía inevitable a construcción dunha nave de servicios e tratamento químico dos vehículos de transporte de gando, co que se evitaría que éstes tivesen que ir a facer as desinfeccións a Santiago.
Xa de antigo as canteiras xurdiron coma fungos na Serra sen nengún control por parte da administración. Tralo seu abandono, fican grandes furados no monte, ata que a necesidade de desfacerse de terras procedentes de grande obras (hospital de Vigo, túnel do ave etc) converteuse en virtude, restaurando canteiras, e así os grandes buratos quedan sepultados por grandes recheos sen efecto restaurador ningún.
Para o pulo destas actividades “industriais” e o acercamento dos cidadans aos mercados, os nosos gobernantes coidaron que eran necesarias novas pistas, estradas, circunvalacións e autoestradas, e así tanto o Plan Director de Estradas de Galicia, da Xunta 2005-2009, como o Plan MOVE, da Xunta 2009-2012 (ambos plans non existentes legalmente, porque non foron aprobados) e o Plan Vigo Integra (paralizado pola Xunta 2009-2012) puxeron tamén o pe enriba do Galiñeiro coa proxectada Circunvalación de Vincios.
Xorde de súpeto outro perigo para a Serra, a de que os buscadores do ouro raro atopen nas súas entrañas o material do que se alimentan as novas tecnoloxias da “telefonía movil intelixente” que consumimos con desaforo, as chamadas terras raras. Así a Xunta de Galicia concedeu, en Xullo, unha autorización de investigación nunha superficie de 100. 000 metros cuadrados á empresa Consulting de Geología y Minería, S.L. A magnitude do perigo é proporcional á magnitude do negocio, pero tamén á magnitude da desfeita na Serra do Galiñeiro.
- “… la industria de la telefonía móvil a mediados de 2011 alcanzó un volumen de 1,3 trillones de dólares, lo que corresponde al 2% del PIB mundial.”
A estas ameazas temos que engadir tamén de antigo, e con periodicidade anual, o lume que estraga a biodiversidade, o solo fértil, a paisaxe e o aire limpo da Serra.
Dannos os fíos, e nós trenzamos a soga coa que aforcarnos.
Não vos fazeis eco da iniciativa para defender a supervivência dos cavalos bravos — os míticos «zebros» — ante as pretensões das autoridades de obrigá-los a levar um microchip?
O tema não é exclusivo da serra do Galinheiro, mas também aí tem importância, tanto no presente como no futuro.
A campanha de recolha de assinaturas, promovida pelo biólogo Santiago Bas, está em Change.org:
Acho que o sistema eliminou de maneira automática a ligação ao endereço da campanha. Espero que o possais pôr vós, na vossa página.