A plataforma “pola protección da serra do Galiñeiro” celebrou o pasado 3 de marzo no salón de actos do centro cultural e veciñal de Valladares unha mesa redonda con deportistas de proxección internacional.
Nela expuxéronse e debateronxe aspectos relacionados cun dos valores que máis persoas atraen á serra durante todo o ano, como son as actividades físico-deportivas. Sendeiristas, ciclistas de montaña, escaladores, corredores de orientación etc percorren os múltiples carreiros e vías de escalada e gozan da paisaxe e a enorme beleza dos seus bosques, vaguadas, pedras e arestas.