Mobilización o vindeiro sábado 11 de decembro: POR UNHA MORATORIA EÓLICA REAL E EFECTIVA !!!

2 Dec

Ante a ofensiva eólica en toda España e en particular en Galicia a coordenadora “Eólica, así non”, que agrupa a 58 asociacións, federacións, grupos ecoloxistas, plataformas e entidades e que ademáis está apoiada por moitos outros colectivos veciñais, culturais, políticos e sindicais de todo o país, convoca unha mobilización para o sábado 11 deste mes de decembro.


Co gallo do Día Mundial das Montañas faise unha mobilización POR UNHA MORATORIA EÓLICA REAL E EFECTIVA ante a falsa moratoria anunciada pola Xunta de Galicia que non soluciona este problema do monte galego. Todo o noso territorio é agora vitima de 300 proxectos máis cando leva décadas de explotación eólica sen control.


Trátase dun expolio para o servizo das multinacionais coa connivencia das administracións públicas e é unha farsa dende o punto que a toda hora se pregoa a necesidade da pervivencia do rural en Galicia!!! A agricultura precisa do monte, a auga provén do monte, os montes son a primeira refencia da paisaxe, o monte contén valores culturas e idiosincráticos, e por suposto no monte están os espazos ambientais de maior valor. Que futuro quere o noso goberno para Galicia?!


Ao igual que expresamos o pasado 5 de xuño na manifestación de Compostela, volvemos dicir que a explotación das enerxías renovables, se tivese vontade de ser sustentable habería de someterse a unha planificación enerxética seria, da que o primeiro punto é ter unha xestión pública efectiva e non unha tapadeira para beneficios privados.


O modelo enerxético para o presente e o futuro que temos diante se quere chegar a bo porto non ten máis posibilidades que comezar pola redución do consumo, o fomento do autoconsumo e poñer as necesidades da sociedade civil por diante dos intereses especulativos. As chamadas leis de depredación e o Plan Sectorial eólico da Xunta de Galicia van por camiños opostos a este plantexamento.


A mobilización que convoca a coordenadora “Eólica, así non” consiste en concentracións, manifestacións, andainas, mesas redondas e outras actividades en 22 puntos do territorio galego, que desgraciadamente son aqueles máis afectados polos últimos proxectos. No caso do Val Miñor farase en Gondomar unha concentración ás 12 da mañán no Alto de San Antoniño para partir de alí á cima do monte Paraguda por ser este o lugar co último conflito eólico neste concello.

Para máis información pódese consultar as nosas páxinas web:
http://www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro.
ou contactar con un dos nosos voceiros : Jesús Rodríguez TLF 698 18 35 39

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: