A Groba non se vende. A Plataforma acude na defensa da serra da Groba.
Onte, máis de mil persoas berraron alto e claro no alto da Groba. Non aos eólicos na Groba !!! Non queremos a Groba chea de aeroxeradores con todo o que iso implica: Danos irreversibles ao medio ambiente, ao patrimonio, á vida. Aniquilar a herdanza dos nosos fillos para enriquecer petos privados. Regalar o pouco que temos de valor, para ser despreciado e devorado polo capital.
Onte a cidadanía falou: A GROBA NON SE VENDE !!! NON AOS PARQUES EÓLICOS NA GROBA !!!

Deixar unha resposta