Xeolodía 2021

11 Mai

O pasaso oito e nove de maio , celebramos no Galiñeiro o Xeolodía 2021 da provincia de Pontevedra. Dirixidos polo xeólogo Fran Canosa, percorrimos 10 km na serra do Galiñeiro, onde puidemos descubrir un fermoso libro da xeoloxía no sur de Galicia.

   A andaina , que partía da Chan dás Moutas en Prado , tivo seis puntos de referenza e análise : Os Penidos, Coto Pequeno, Mina de Santa Mariña, Cumio do Galiñeiro, Cova da Becha, Ermida Virxe das Neves.

   Da man de Fran Canosa , con un xeito divulgativo fresco, ameno e científico disfrutamos no coñecemento do Galiñeiro, cando se formou , que rochas o integran, o misterio das súas formas. Sabías que parte dos materiais achegaronse dende o polo sur? que o que vemos do Galiñeiro é  a base dunha montaña cunha  altitude superior ao actual Himalaia ?…

    Dous días moi completos con dous grupos motivados e entusiastas, que compartiron tamén as dificultades que implica manter esta serra co valor patrimonial e ambiental que lle corresponde.

    Dende a Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro queremos seguir mantendo o obxetivo divulgativo, e como organizadores queremos agradecer aos Concellos de Mos ,Gondomar , Entidade local menor de Morgadáns , á Sociedad Geológica de España e resto de colaboradores o esforzo para realizar estas saídas , tamén aos participantes por manter o respeto ás normas covid  e o trato respetuoso ó Galiñeiro.

    Os asitentes recibiron  un agasallo da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo , e unha guía coa explicación xeolóxica do itinerario, desenvolvida por Fran Canosa.

   Grazas a todas e todos.

Descargar folleto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: