Nota de prensa

6 Mai

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro celebra a boa nova de que a empresa Terra do Vento renuncia ao proxecto de parque eólico na serra do Galiñeiro. Aínda é máis motivo de celebración que un dos argumentos de renuncia sexa o recoñecemento do impacto ambiental que chegaría a causar o polígono eólico e que o outro argumento fose o rechazo social que se deu ante ese intento de explotación eólica.


A cidadanía que durante estes once anos leva apoiando esta causa é a artífice desta oposición. Parabéns, pois, a toda esta xente. As persoas membros da Plataforma fomos quen de plasmar na alegación, presentada no mes de novembro do 2012, todos os valores que este monte ten, de sopesar o dano que as infraestruturas eólicas causarían nos ecosistemas, nos recursos e no patrimonio desta serra, de xeito tan claro e preciso que o resultado recollémolo agora.


Nas mans da Administración da Xunta de Galicia está que a serra de Galiñeiro volva ser ofertada a unha empresa eólica ou que pola contra decida darlle a protección ambiental que lle corresponde. Non esquecemos o apoio dos Concellos que nos seus plenos expresaron a vontade de darlle á serra a máxima protección ambiental. Tampouco esquecemos ao centro cultural que nos acolle e é a nosa sede. Grazas aos medios de comunicación que durante todo este tempo están sendo a nosa voz pública, particularmente ás e aos xornalistas interesados/as nesta causa.


Queremos celebrar esta boa nova con todas as asociacións, organizacións, persoas particulares e entidades que conforman a Plataforma. Son moitos anos de traballo, de alegrías e sinsabores, de esforzos e disfrute, de disgustos e de trunfos.


Nesta ocasión tamén queremos sentirnos unidos e unidas a aquelas persoas representantes da cultura deste pais que tan desinteresadamente colaboran con nós Andaina tras Andaina: escritores, escritoras, músicos, poetas, cantantes, corais, mimos, magos, xente do teatro, deportistas senlleiros, pintores…. O mesmo temos que dicir daquelas e aqueles que participaron nas xornadas divulgativas, charlas, conferencias e mesas redondas que levamos feito na universidade, nos centros culturais, noutros organismos, noutras entidades, noutros foros….O mesmo para aqueles que fixeron posible o libro que temos editado. O recoñecemento tamén para aquelas persoas que cóbado con cóbado están con nós nos días de loita poñendo a comida, a bebida, o lecer, o palco, imprimindo as pancartas, colocándoas, facendo os trípticos… Recordamos asi mesmo aos naturalistas, científicos e expertos que nos guían no estudo dos valores da serra. E non ímos esquecer a aqueles, que eles ben saben quen son, que nos deron pistas e azos para principiar esta loita antieólica.

Por suposto que habemos de seguir alerta, é evidente que este monte ten máis inimigos que os eólicos e as minas, pero A PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO seguirá na mesma liña de traballo: estudo, valorización do territorio e denuncia.


A vindeira fin de semana daremos a coñecer os valores xeolóxicos da serra co XEOLODÍA. É esta unha actividade que se fai tódolos anos no mes de maio para divulgar o coñecemento da xeoloxía en cada unha das provincias de España. Nesta ocasión o lugar proposto para a provincia de Pontevedra foi a serra de Galiñeiro porque o seu rico patrimonio pétreo ten interese non so científico senón tamén didáctico, e esta Plataforma ten entre os seus obxectivos a divulgación dos valores da serra.


Moitas grazas!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: