Presentamos suxestións ao D.I. do Parque Eólico do Rosal

18 Xan

O 27 de novembro de 2020 publicouse o Documento de Inicio do parque eólico do Rosal (código do proxecto 2020/0260), ao que no prazo de participación pública presenta as seguintes CONSIDERACIÓNS:

1.- Non se indica o prazo de presentación de suxestións o que, dentro do procedemento de tramitación xa opaco de por sí, constitúe una falta de trasparencia e contribue á confusión da ciudadanía.

2.- A Serra da Groba constitúe una unidade xeomorfolóxica, medioambiental e patrimonial na que según consta no Rexistro Eólico de Galicia, instalaranse 44 aeroxeradores repartidos en 6 parques eólicos que non superan en ningún caso os 30 MW. A fragmentación artificial dos parques eólicos cuxa finalidade é facilitar a súa tramitación supón un procedemento inadecuado con severas consecuencias na avaliación do seu impacto ambiental.

3.- Non procede a tramitación simplificada do proxecto 2020/0260 xa que según se deriva do Rexistro Eólico de Galicia e do documento de tramitación, a menos de 2 Km atópase o parque eólico denominado “Merendón” (expte IN661A 2011/19-4, DOG do 11 de xuño de 2013)

4.- Deficiente Avaliación Ambiental dos parques fraccionados. A avaliación ambiental de parques eólicos individuais sobre una mesma unidade xeográfica non avalía o efecto aditivo e sinérxico producido pola totalidade das infrestruturas desenvolvidas. No seu conxunto, os 6 parques eólicos da Serra da Groba producirán un efecto barreira nunha zona de paso de aves que non se avaliará adecuadamente. Os cambios estruturais, as modificacións da contorna, as áreas de intervisibilidade e as concas visuais causan efectos ambientais aditivos e en ocasións sinérxicos que fragmentan os hábitats e inciden directamente na perda de biodiversidade.

5.- Para 2 aeroxeradores delimítase un área de 2,6 millons de metros cadrados. A Avaliación de efectos ambientais debe facerse sobre toda a área do parque eólico.

6- Debe facerse una adecuada avaliación dos efectos sobre hábitats (algún deles prioritarios) e especies de interés comunitario presentes na zona definida polas coordenadas perimetrais.

7.- Debe facerse una adecuada avaliación dos efectos sobre especies protexidas para o que será necesario estudos de campo para determinar a área distribución, densidade, rutas de desprazamento local, migración, hábitos reproductores e de alimentación das especies presentes na área perimetral do parque.

8.- Debe realizarse una adecuada avaliación dos efectos sobre os recursos hídricos mediante estudos hidrolóxicos na valiación dos efectos sobre as masas superficiais de auga e estudos hidroxeolóxicos para avaliar os efectos sobre as masas de auga subterráneas.

9.- Debe facerse una adecuada avaliación dos efectos sobre o patrimonio cultural realizando prospeccións para identificar e xeolocalizar os elementos patrimoniais na área perimetral do parque.

10.- Debe facerse una adecuad avaliación dos efectos sobre o patrimonio etnográfico.

11.-Debe realizarse una adecuada avaliación dos efectos paisaxísticos. Os aeroxeradores son elementos estraños nunha paisaxe natural, por conseguinte, a instalación dun parque eólico supón unha modificación da calidade estética do escenario paisaxístico cuxo efecto é necesario analizar tanto se os lugares de instalación teñen protección legal coma se carecen dela.

12.- Debe facerse una adecuada avaliación dos efectos sobre o Camiño de Santiago Portugués pola Costa que nos últimos 3 anos incrementou un 330% a afluencia de visitantes.

13.- Deberá facerse una adecuada avaliación dos efectos das liñas de evacuación da electricidade xerada polo parque.

14.- Farase unha adecuada avaliación dos efectos da remoción de terras e achegas de material externo para os recheos.

15.- A superficie adicada ao parque eólico debe ser a mínima necesaria para o correcto  funcionamento do mesmo. 3,11 Km2 é una superficie esaxeradamente grande para albergar 2 aeroxeradores con un diámetro de rotor de 162m , uhna estación transformadora e una torre meteorolóxica. Os camiños e o cableado non teñen por que estar incluidos dentro do parque eólico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: