O PXOM non protexe a serra do Galiñeiro

8 Out

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro enterada de que o Concello de Gondomar enviou á Xunta de Galicia á documentación pertinente para iniciar os trámites de Avaliación Ambiental Estratéxica do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) quere alertar sobre certos datos relativos ao Galiñeiro que nesa documentación aparecen.

Entre os dous documentos da Avaliación Ambiental Estratéxica que sigue o procedemento hai incongruencias graves: mentras o documento Borrador do PXOM explicita os valores da serra do Galiñeiro o documento DIE (Documento Inicial Estratéxico) no seu punto 6.6.5. indica que esta serra ten un gran potencial eólico e que “a incidencia urbanística final sobre os usos do solo determianrase coa localización exacta das obras e instalacións precisas para o axeitado funcionamento do parque eólico: aeroxeradores, accesos, redes de condución e distribución, edificios, subestación, etc., incluíndo as servidumes necesarias”.

Os dous documentos citados soamente teñen sentido se son elaborados conxuntamente porque do contrario, se a información de un contradí á do outro, non dan en absoluto fiabilidade á cidadanía.

Aínda máis desconfianza lle suscitan a esta Plataforma estes documentos do PXOM de Gondomar sabendo que en varios Plenos deste Concello os representantes municipais, por maioría, se manifestaron en contra da instalación de calquera polígono eólico na serra do Galiñeiro. Estas vontades plenarias dos gobernantes e da oposición municipal tiveron lugar tanto en épocas nas que o actual alcalde estaba na oposición como estando el no goberno. Así mesmo distintos alcaldes e concelleiros de medioambiente dos concellos aos que o monte Galiñeiro pertence sempre manifestaron a súa posición de defensa da serra nas distintas entrevistas que lles concederon a esta Plataforma, entre eles tamén se conta o actual alcalde de Gondomar.

Así mesmo a Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro considera que os nosos gobernantes non poden menospreciar a vontade da cidadanía que durante anos ven respaldando a protección de Galiñeiro nas distintas concentracións realizadas neste monte.

Polo exposto anteriormente, a Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro pide:

1.- Que se retire do DIE o parágrafo no que aparece a serra do Galiñeiro como como zona de desenvolvemento dun parque eólico (aeroxeradores, edificios e demáis instalacións asociadas), e que no PXOM se defenda este monte como corresponde aos valores que posúe, tanto paisaxísticos
como xeolóxicos, ecosistémicos, faunísticos, florísticos, arqueolóxicos, patrimoniais etc etc.

2.- Que o goberno municipal explique esta contradición e se comprometa en serio na defensa deste territorio, facendo que o PXOM lle outorgue a máxima protección urbanística e que esta proteción serva de semente para a declaración dun espazo natural protexido dos recollidos na lexislación do
patrimonio natural e da biodiversidad de Galicia.

3.- Que os nosos gobernantes traballen nesta liña para evitar as continuas ameazas que ven sufrindo a serra do Galiñeiro. Do contrario, non só o polígono eólico senón a explotación mineira de Terras Raras e outros moitos ataques de diversa índole poden ser unha realidade.

Consultar o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Gondomar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: