Gondomar rexeita o proxecto de parques eólicos nas serras do Galiñeiro e da Groba.

22 Xuñ

O pasado mércores, o Pleno da Corporación Municipal de Gondomar con 13 votos a
favor e 4 abstencións do PP, aprobou a proposta defendida por Antonio Araújo Quintas, en nome de “Manifesto Miñor – En Marea” de rexeitaro peoxecto de parques eólicos nas serras do Galiñeiro e da Groba.

«Estas dúas serras son o perfil inconfundible e a xénese mesma do Val de Miñor, sen as cales,
non existiriamos con todas as especificidades que nos distinguen doutras Comarcas do País,
por iso temos a obriga moral e política de defendelas e dicirlle á Xunta que non imos permitir
semellante aberración. Ollo, iso non supón estar en contra dunha enerxía limpa como é a
eólica, pero, nin os muíños de vento poden ir en calquera lugar estragándoo todo, e moito
menos poñendo unha enerxía renovable e un territorio ao servizo de intereses especulativos
que só buscan o negocio sen beneficiar, sequera, ás Comarcas ou lugares onde son
implantados«, sinala o voceiro de MM-EM Antonio Araújo Quintas.

«Só unha organización como MM de carácter e vocación Miñorá, podía levar en conxunto estas
dúas problemáticas. Foi aprobada a moción, maila saír do ámbito local e por iso agradecemos
os apoios das demais forza políticas«, indica .

«Dicir tamén, que aceptamos incorporar á nosa moción varias achegas do BNG que melloraron
a proposta resultante, unha delas a de solicitar a ampliación do Parque Natural do Monte Aloia
á toda a Serra do Galiñeiro«, expón Araújo.

«De novo o Goberno Galego volve ter a voz da cidadanía de Gondomar enriba da mesa por se
cría que estabamos durmidos ou que tiraramos a toalla. Que non teñan dúbidas que volverán
as mobilizacións se teiman no asunto«, finaliza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: