A mineiría ataca toda galicia. DEFENDÁMONOS !

22 May

Galicia enteira está afectada: A Coruña (As Fragas do Eume, Corcoesto…), Lugo (A Terra Cha, A Fonsagrada…) , Ourense (Viana do Bolo, Quiroga, A Limia, O Ribeiro, Casaio… ) Pontevedra ( Forcarei, Vila de Cruces, A Groba, O Galiñeiro…).

Son minas a ceo aberto buscando ouro, plata, cobre, tantalio, columbita, seixo, feldespato, andalucita, Terras Raras…

En Corcoesto o método previsto para a extracción está a piques de ser prohibido na Unión Europea, pero aquí da o mesmo, pretenden utilizar cianuro! A expropiación faise forzosa e o precio do terreo, terreo en produción agricola e gandeira, márcano en pouco maís de un euro o metro cadrado. Se pasamos por esta aos demáis farannos o que lles pete.

A Consellería de Industria co lema “Galicia é unha mina” e as empresas canadianas co capital suizo darán cabo de nós se non lles facemos fronte. Este é un ataque ao territorio sen parangón, un ataque a nós, un golpe de morte ao medio natural, é a destrución de centos de postos de traballo, é a anulación do noso desenvolvemento social…

Temos que opoñernos. Xuntas e xuntos podemos!

MANIFESTACIÓN

O DOMINGO 2 DE XUÑO

EN COMPOSTELA

ÁS 12 DA MAÑÁN NA ALAMEDA

 

mani

Tamén convoca a manifestación SOS Groba

Haberá autobuses dende Vigo e dende o Miñor.

Custa 8 € e o percorrido e horario para coller á xente son os que siguen:

  • Na Ramallosa (ao pé da capela da alameda) ás 9.15.
  • En Nigrán (diante da casa do Concello) ás 9.25
  • Nas Travesas (diante do Sta. Irene) ás 9.45
  • Na Praza de España (na parada dos autobuses) ás 9.50

A volta é ás 4 da tarde.

Por favor, reserva con tempo a túa praza.

No teléfono 698 159 764 (Tereixa)

Ou utilizando este formulario indicando datos persoais e a parada elexida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: