A Plataforma presenta alegación contra o Proxecto de Parque eólico na Serra do Galiñeiro

30 Nov

Hoxe día 30 de novembro a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro presentou a súa alegación ao Proxecto de parque eólico na citada serra. A pesar das dificultades que a Administración nos puxo, preparamos un  extenso argumentario ante as distintas infracións que o proxectado  polígono eólico infrinxiría na serra do Galiñeiro.

Centaurea limbata

O prazo para preparar o documento de alegación foi de só un mes, do  que os primeiros días non tiñamos practicamente acceso ao Proxecto, ao  tratarse este de un extenso documento de centos de páxinas e planos  que só podiamos consultar nas oficinas dos concellos ou da consellería  de industria. O documento dixitalizado tivo que ser pedido á Xunta e  conseguido con esforzo. Foi só na última semana, e cando se nos  comunicou que non daban ampliación do prazo de alegacións, que nos  enviaron o Proxecto en formato dixital.

Esta Plataforma conseguiu redactar en poucos días e coa adicación do  tempo libre dos seus membros, un traballo máis exahustivo do que  fixeron no gabinete de redacción do estudo de impacto de Terra do  Vento, que nalgúns aspectos é unha redacción teórica copiada de  diversas fontes e sen estudo de campo.

Os estudos de impacto son encargados como trámites, e aínda que en  ocasións son estudos feitos por profesionais serios, noutros casos coa  súa desidia burlan e desprezan os valores desta serra.

Queremos dar as grazas unha vez máis a toda a xente que colaborou asinando a alegación persoal pedindo a retirada do Proxecto de Parque eólica na serra do Galiñeiro. Gracias a todas e todos eles, presentamos máis de 8.000 alegacións no rexistro da Xunta.

Unha resposta to “A Plataforma presenta alegación contra o Proxecto de Parque eólico na Serra do Galiñeiro”

Trackbacks/Pingbacks

  1. A Plataforma presenta alegación contra o Proxecto de Parque eólico na Serra do Galiñeiro « Pola defensa da Serra do Galiñeiro - 02/12/2012

    […] A Plataforma presenta alegación contra o Proxecto de Parque eólico na Serra do Galiñeiro […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: