Agradecementos e avisos

15 Nov

Esta Plataforma agradece a colaboración das cinco mil persoas que hoxe asinaron a alegación en contra do Proxecto do parque eólico na serra do Galiñeiro que está a exposición pública ata o 30 de novembro.

A marea de xente que inundou Vigo protestando contra a política gubernamental dos últimos anos viu unha causa xusta na Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro.

Muitas grazas a todas e a todos e en especial aos que colaborastes con nós no reparto das alegacións.

Se nós, os usuarios do Galiñeiro, as que disfrutamos nel, os que o amamos e as que tiramos utilidade del, nos opoñemos a que instalen un poligono desas características aí, a Administración da Xunta non será capaz de declarar de Utilidade Pública unha instalación que coa disculpa das enerxías renovables entrégalle o monte a unha multinacional que o único que ten de galega é o nome TERRA DO VENTO, inscrita en Ourense tan só un mes antes de facerse con este negocio.

Para conseguilo temos que xuntar muitas muitas ALEGACIÓNS en contra. Se os que te rodean aínda non alegaron, ou ti mesmo/a, aínda non cubriches unha, podes descargar a que aquí che porpoñemos. Tamén podes facela ao teu gusto.

As alegacións entréganse en calquera oficina da Xunta ou en Concellos que teñan o chamado portelo único, pero se prefires podes deixala nestes sitios que che facilitamos para despois entregármolas todas xuntas nun acto reivindicativo.

Forza e avante!!!

 

ONDE DEIXAR A TÚA ALEGACIÓN XA CUMPRIMENTADA

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA:

  • Local de ADEGA. R/ Travesa de Basquiños 9. Horario de oficina.

PONTEAREAS:

  • I.E.S: A Granxa. Horario escolar.

O MORRAZO:

  • R/ Palmás 2. DOMAIO. (É a Estrada Provincial).

VIGO:

  • Centro: Pi y Margall 53: “Terra, Deporte e  Aventura”. Horario de comercio.
  •  As Travesas: Avd. do Fragoso 43: “Imaginarte”.  Horario de comercio. 
  • Cooperativa de consumo consciente ÁRBORE. R/ Arquitecto Pérez Bellas nº 5 
  • Tenda de informática HISPAVIGO. Hispanidade 104.

 GONDOMAR:

  • IEM.  Avd. da Feira, 10. De 7 a 10 da noite. 
  • Librería LIBRAIDA. Horario de comercio. 
  • VINCIOS: Centro Cultural: Nas oficinas. Horario de oficina.

             Na cafeteria: Pola tarde e pola noite.

NIGRÁN:

  • PATOS.Escola de surf.
  • A RAMALLOSA. Tenda de fotocopias DUPLICOLOR. Rúa Romana Baixa, nº 3.

O PORRIÑO:

  • Copistería COPIREY.  Na zona de As Torres.
  • Xoguetería Tia Tata.  Nos soportais á beira do Froid. 
  • Desgüaces Novo. En Torneiros, na estrada do Porriño a Pontellas.

TUI:

  • Cafetería “La Gran Manzana”. Na Corredera.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: