Manifesto en defensa da Serra do Galiñeiro

26 Apr

O avance do deterioro do medio natural en Galicia ten hoxe un dos máis claros e infamantes exemplos na grave situación que vive a Serra do Galiñeiro, espazo de extraordinario valor que comparten os concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui.

            A  pesar de que no ano 2008 se anunciaba a ampliación do Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal da Serra do Galiñeiro, aínda hoxe a desprotección dos seus valores naturais, culturais, sociais e económicos continúa sendo total.

            Aínda hoxe os demostrados valores xeolóxicos, biolóxicos, paisaxísticos, históricos, arqueolóxicos, etnográficos, etc  deste espazo senlleiro no que se recoñecen os habitantes de todos estes concellos continúan estando en perigo diante das agresións producidas polo grave impacto de actividades irresponsables co medio (proliferación de canteiras, vertedoiros e pistas, política forestal de extensión de especies foráneas, destrución do patrimonio arqueolóxico…) e de proxectos que o degradarían irreversiblemente (parque eólico, estradas de circunvalación, industria trituradora…).

            O Corno do Demo e tódolos contos e lendas do Galiñeiro non teñen prezo. A gandería ecolóxica de pastoreo, os cabalos do monte e os curros de Vincios e de Morgadáns non teñen prezo. O lecer, os camiños, os subeiros, as pedras, as sombras, as augas, os estudos feitos e os que aínda se han facer, as illas ó lonxe, os poemas e os libros, o que perdemos e atopamos no Galiñeiro, nada de todo iso ten un valor calculable porque ese é un patrimonio común e natural que non se pode comprar nin vender, un patrimonio destas bisbarras, da Terra de Turonio, pero tamén de Galicia e mais da Humanidade.

            Cómpre rematar con todo isto. Cómpre que a Xunta de Galicia acometa dunha vez a protección da Serra. Cómpre que se estenda o Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal do Galiñeiro seguindo a lóxica do que é un mesmo ecosistema.

            Protexamos o que é noso e é de todos!  

            Protexamos a terra e mailo monte que nos deron!

            Protexamos o medio natural e a cultura!          

            Protexamos o Galiñeiro!

LISTAXE DE ADHESIONS  AO MANIFESTO POLA PROTECCION DA SERRA DO GALIÑEIRO

 

Real Academia Galega

Xosé Luis Méndez Ferrín, Presidente

X.L. Axeitos, Secretario

Ramón Lorenzo

X.L. Franco Grande

Darío Xohán Cabana

Manuel Rivas

Universidade

Salustiano Mato, Reitor UVI

X.Enrique Costas, Vicereitor UVI

Emilio Fernandez, Catedrático de Ecoloxía UVI

Camino Noia, Catedrática UVI

X.Manuel Beiras Torrado, Catedrático Estrutura Económica USC

Fermín Bouza Alvarez, Catedrático Socioloxía U. Complutense

J.R.Vidal  Romaní, catedrático. Dtor. Laboratorio Xeolóxico de Laxe

Outras Institucións

Antón Vidal, Fundación Penzol

Carlos Méixome Quinteiro, Director do IEM

Xosé Lois Vilar Pedreira, Subdirector do IEM

Xosé Ramón García, Vogal de Xeiras do IEM

Alfredo López Fernández, Presidente de CEMMA

María Pérez González, Presidenta Federación de AA.VV.” Eduardo Chao”

Craig Patterson, Presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos

Joaquín Troncoso, Federación Hípica Galega

Carlos Calviño, Presidente da Aula Castelao de Filosofía

Santi Veloso,Dtor. De  “Ponte nas Ondas”

Lourdes Castiñeira Souto, Pta- Montañeiros Celtas

Carlos  Dominguez, Pte. Federación Hípica Galega

Editores

Miguel Anxo Fernán Vello

Manuel Bragado, Edicións Xerais

Antón Mascato

Literatura

Vitor Vaqueiro

Xavier Queipo

Alfonso Alvarez Cáccamo

Xavier Seoane

Marta Dacosta Alonso

Miguel Anxo Mouriño Fernández

Xabier Paz

Fran Alonso

Xurxo Borrazás

Xosé María Alvarez Cáccamo

Rexina Vega

Xabier Cordal

Manuel Forcadela

Manuel Vidal Villaverde

Carlos López Bernárdez

Antonio García Teijeiro

Anxo Angueira

Agustín Fernández Paz

Xosé Ramón Pena

Camilo Nogueira Román

Marga Lorenzo Romero

Marilar Jiménez Aleixandre

Música e Espectáculo

Xosé Ramón Paz Antón

Uxía Senlle

Carlos Blanco, Monologuista

Antonio   Durán Moreiras “Morris”

Cándido Pazó, Contacontos

Abe Rábade

Fernando Abreu

Xornalismo

Begoña Fontenla Costas

Xosé Antonio Perozo

Manuel M. Barreiro

Gustavo Luca de Tena

Eduardo Rolland

Deporte

J. Luis Armada, Presidente Carreiras Orientación UVI

David Gómez, Atleta olímpico

Elías Dominguez, Atleta

Chano Veloso, Medallista paralímpico

Sechu López, Alpinista

Alejandro Gómez, Olímpico

Jesús Martinez Novás, Alpinista

J.Antonio Martinez Novás, Alpinista

Javier Maté, Ex xogador Celta de Vigo

Marcial Rodríguez Rey, ex ciclista profesional

Joaquín Carril Comesaña, escalador e alpinista

Outros

Felipe Senén López Gómez, Arqueólogo

Dionisio Pereira, Historiador

Luis Domínguez, Historiador

Anxo Cabada, Fotógrafo

Pepe Carreiro, Debuxante

Juan Chamorro, Fotógrafo

Antonio Soliño Troncoso, Arquiteto

Mª José Pérez Mariño, exDtra. Xeral de Ordeación e innovación Universitaria

3 Respostas to “Manifesto en defensa da Serra do Galiñeiro”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Manifesto en defensa da Serra do Galiñeiro « Pola defensa da Serra do Galiñeiro - 26/04/2012

    […] 26 Abr […]

  2. En defensa do Galiñeiro. Manifesto « abuguina - 27/04/2012

    […] que desde o ámbito do poder político-económico deste país están a perpetrar. Preme aquí para ler o documento. Share this:Like this:LikeBe the first to like this […]

  3. 2012.05.13. Prensa. (2.000 personas contra el parque eólico de O Galiñeiro) | Coordinadora d'Estudis Eòlics del Comtat - 28/03/2013

    […] 26 Abr […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: