Premio OSIXENO 2011 para á Plataforma pola Proteción da Serra do Galiñeiro

19 Dec

A Plaforma pola Proteción da Serra do Galiñeiro recibíu o sábado 17 de decembro do 2011 o premio OSIXENO 2011 de mans de ADEGA.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza na reunión da súa Comisión Permanente do 14/12/2011 acordou conceder o PREMIO OSIXENO 2011 na categoría colectivo á millor actuación ou actitude ambiental do ano á Plataforma pola Proteción da Serra do Galiñeiro “pola súa adicación decidida e intelixente na defensa dos valores naturais e culturais dun territorio ameazado pola especulación e a cobiza das eólicas.”

O acto celebrouse en Arzúa no decurrir dunha cea de confraternización organizada por ADEGA no restaurante Casa Teodora. Ó remate da cea, á que asistiron unhas 50 persoas,  físoxe entrega dos premios OSIXENO E DIOXINA deste ano. No nome da Plataforma pola Proteción da Serra do Galiñeiro recolleu o premio Xosé Manuel-AGA, agradecendo o estímulo que este premio supón a un intenso ano de traballo e esforzo colectivo.

O premio consiste nun diploma enmarcado e nunha peza de cerámica do artesán Nacho Porto na que se pode ler: “Unha persoa diferente fai diferente o mundo”. As dúas pezas van a quedar instaladas na oficiña da Comunidade de Montes de Vincios para todo aquel que queira velas.

Queremos dar as grazas a ADEGA polo galardón, que nos da máis forzas na nosa loita.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: