Rotundo éxito da 1ª Andaina Reivindicativa pola Serra do Galiñeiro

21 Feb

1ª ANDAINA REIVINDICATIVA pola Serra do Galiñeiro de hoxe DOMINGO 20 de febreiro foi un éxito rotundo. 

Unhas 1400 persoas nun día de chuvia e con néboa circundamos toda a Serra  para mostrar o noso máis profundo desexo de protexer este enclave único do sur da provincia de pontevedra.

Un grupo de ciclistas de todas as rías baixas abriron a marcha e detrás cidadáns de Vigo, O Morrazo, a Louriña, o Miñór e de outras bisbarras, fixemos o camiño que se quere surcar de aeroxeradores.

Grandes cartaces,  que oportunamente colocaron os nosos compañeiros  montañeiros, mostraron o impacto paisaxístico, acústico e ambiental da pistas e outras infraestruturas que este polígono requiriría. 

 

Antes de volver ao Parque Forestal do Galiñeiro en Vincios, punto de  onde partiramos dúas horas e media antes, no vértice xeodésico á 704 metros de altitude, lemos o Manifesto para expresarmos a nosa decidida vontade de defender a serra, emblema de cinco concellos.

1ª Andaina pola Serra do Galiñeiro 20/02/2011

 Desde esta Plataforma, queremos felicitar a todas e todos os que a pesar do mal tempo asistiron a esta primeira andaina.

Grazas.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: